Pedimos a retirada do borrador de igualdade por NON ser un PLAN DEFINITIVO
Consideramos que o que presenta o goberno como III Plan de Igualdade chega moi tarde nesta lexislatura e condiciona a vindeira. Ademais, reclamamos máis transparencia no proceso do que descoñecemos as conclusións. Consideramos o Plan presentado como un punto de inicio para elaborar unha estratexia válida e concluínte pero no que falta información que pedimos por rexistro e non nos foi facilitada nin tan sequera para o pleno. Este plan é propaganda como o é que estea na cartelería do concello desde hai máis dun ano sen existir tal plan
Entendemos que o plan de igualdade ten que ser unha ferramenta transversal en todas as áreas. Unha ferramenta que valga para avanzar na igualdade real. Desde o goberno municipal de Narón, o III plan, aínda de non ser aprobado e non existir de facto, leva aparecendo como logo na cartelería e campañas realizadas nesta lexislatura “unha anomalía máis” desde o noso entender “houbo un proceso de participación pública no que o BNG fixo dez propostas e COGAMI unha. O problema é que nin sequera sabemos no plan presentado se se utilizaron pero é que nin se quera a concelleira da área sabe se se utilizaron. Neste plan presentado hai unha páxina na que se fala da violencia contra a muller pero non hai conclusións e só información no que se afirma que o CIM de Ferrol non vale para unha análise real da situación naronesa. E preguntámonos: por que logo non apostamos por un CIM para a octava poboación galega? Ademais, faise referencia no plan a táboas ou enquisas que descoñecemos. É como se estivera incompleto ou como non quixeran darnos máis información das reunións ou de como se elaborou.” afirma Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal “durante todas esta lexislatura o goberno actual tivo como asignatura pendente a temática de igualdade, se ben desde a concellería de ensino houbo traballo , desde igualdade sempre sobrou orzamento e nunca se consensuou ou se tentou avanzar nesta materia tan importante para as persoas que vivimos en Narón” declara Ledo.
Desde o BNG denunciamos a falta total de transparencia. Informamos que no plan faise referencia a táboas e enquisas que non aparecen no Plan presentado ao resto de grupos, hai procesos realizados no 2021 que aparecen como do 2022 e , despois de pedir en comisión e por rexistro a información técnica á que se fai referencia, a dous días do pleno aínda non se facilitou o que impide poder aportar ou propoñer desde o BNG ao plan que se presenta. Por todo isto consideramos o uso agora “só propagandístico antes dunhas eleccións. Un exemplo é que están mal algunhas datas ou que se fagan propostas pero ningunha en firme” da aprobación deste terceiro plan. Dóenos, non é doado esta decisión. O PMUS votamos si porque traballamos nel para que fose unha realidade e a respecto desta concellería levamos moitos anos caladas antes as moitas eivas desta lexislatura en materia de igualdade para ver se se podían correxir pero a aptitude sempre foi a desinformación e a falta de formación" indica Olaia Ledo.
“No BNG somos feministas e entendemos que fan falla máis recursos, máis transparencia e facer traballar todos os axentes. O persoal técnico cumpriu coa análise máis , unha vez máis, a parte política do goberno de Narón non fai nada só propaganda. Nun tema no que está en xogo a liberdade da metade da poboación é grave e non podemos calar” declara Marta Grandal, a responsábel da Comisión de Igualdade do BNG de Narón.