O BNG de Narón leva a pleno unha moción para solicitar a adquisión por parte do Concello do antigo Colexio de Chamorro

Desde o BNG instamos ao Goberno Municipal a que inicie as conversas pertinentes coa Asociación Nosa Señora de Chamorro para a adquisición desta vivienda histórica e que ocupa un espazo central no concello
O BNG de Narón leva a pleno unha moción para solicitar a adquisión por parte do Concello do antigo Colexio de Chamorro

O BNG reclamamos que o Goberno Municipal inicie as conversas pertinentes coa Asociación de Chamorro para a adquisición do antigo Colexio, sito na Estrada de Castela, co compromiso da Asociación de que destine o importe da venta a necesidades da mesma. A vivenda ten un valor patrimonial que debera ser conservado e os seus xardíns aparecen recollidos como zonas verdes a ter en conta no novo PMUS aprobado. A vivenda pode ter un uso social e ser un edificio administrativo de referencia municipal “para nós sería ideal para a creación dun CIM (centro de información á muller) pero o que si temos claro que é cuestión de vontade política manter unha vivenda e darlle uso público para as veciñas e veciños de Narón. Ademais non esquezamos que a obra é dunha asociación que fai un traballo importantísimo hoxe na parroquia do Val” indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.

A Casa de Chamorro é un edificio histórico do ano 1931 que forma parte do patrimonio de Narón, “un patrimonio importante que temos que poñer en valor porque coidándoo tamén poñemos en valor á veciñanza de Narón”, indica de novo Olaia Ledo, “A situación desta casa cunha ampla finca é central e pode valer de conexión entre os barrios urbanos de O Alto, A Solaina e a Gándara e que os seus xardíns valgan de parques onde poder gozar do espazo público. Ademais, o propio edificio valería para poder externalizar servizos municipais e porque non servizos sociais dada a súa centralidade e construción”, incide Ledo.

O BNG de Narón leva a pleno unha moción para solicitar a adquisión por parte do Concello do antigo Colexio de Chamorro