Presentamos a campaña contra a suba de prezos na cidade reclamando a bonificación de taxas municipais para comercio local e familias en risco de exclusión social no concello
Reclamamos que Narón, octava poboación de Galiza, sexa tida en conta. A crise actual afecta de maneira clara ao concello naronés por ter tres polígonos industriais e unha poboación emprendedora e traballadora afectada pola suba de prezos.
As medidas que reclamamos, Ledo, pasan por baixar os prezos ás maiorías sociais e, no caso de Narón, para que o concello bonifique nun ano taxas que son moi elevadas para o comercio local ou familias de Narón "vemos como no noso concello pagamos unha barbaridade na factura da auga por mor da taxa de saneamento por unhas obras de interese xeral que tería que pagar a Xunta e que TeGa e PP votaron a favor no seu momento; ou como comercios pagan unha barbaridade pola auga cando igual só teñen un baño porque en Narón calquer negocio ten a mesma tarifa mínima sexas un lavadeiro de coches, unha zapatería ou un despacho de pan. O concello ten que reflexar nos orzamentos medidas de carácter social como reclamamos desde hai meses no BNG".
Denunciamos tamén a necesidade de mobilizarse o 18 de Decembro en Compostela "queren subir a AP9 un 9%, a Xunta nin está nin se lle espera salvo nos recortes e a cidadanía precisa medidas directas para que os bancos se responsabilicen das subidas das hipotecas ou que o goberno galego non lle quite impostos aos máis ricos que levan consigo recortes en sanidade ou educación. Preocúpanos tamén que teñamos un concello incapaz de facer valer a octava poboación de Galiza e teñamos que ser o BNG, desde a oposición, quen petemos en todas as portas para pedir solucións. Gobernar non e só sacar unha foto: é xestionar e facer política para transformar a realidade " afirma Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.