O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"
O BNG de Narón foi o primeiro en informar ás parroquias afectadas polo boom eólico que se está a dar e como afecta ao noso concello. A repotenciación do parque "Novo" que afecta en Sedes era sabido e, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación publicará en breve o acordo que se someterá a información pública. A Xunta xa informou aos concellos afectados polo que agora o BNG de Narón solicita esa información e un informe técnico municipal ao respecto.
O antigo centro de saúde, unha oportunidade para Narón
Polémica coa moción do Xacobeo e apoio á declaración LGBT
Presentamos na Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno alegacións ao Parque Eólico de Caaveiro
Deficiencias no novo Centro de Saúde
O BNG de Narón realiza un encontro sobre como afecta o parque de Caaveiro en Narón no local social de Doso
O 5 de maio o BNG de Narón mantiña unha reunicón coas asociacións veciñais de Sedes, O Val e San Mateo afectadas por posíbeis parques eólicos nun futuro. Antes rexistrara petición ao concello para ter información e a resposta foi que nada sabían. Ante isto desde o BNG decidimos buscar solucións directamente e presentamos unha moción municipal que foi aprobada na que se alertaba das consecuencias do boom eólico. O que non sabíamos a aquela altura e que a parroquia de Doso entraba nunha parte na poligonal do parque de Caaveiro.
O BNG reclama máis persoal e psicoloxía clínica no novo centro de saúde de Narón
O BNG de Narón rexistra a petición de convertir o centro de saúde vello nun espazo cultural de usos múltiples
O BNG DE NARÓN RECOLLE SINATURAS CONTRA A SUBA DA FACTURA DA LUZ
O BNG de Narón está a recoller sinaturas nas prazas e rúas da cidade contra a suba da factura da luz: hoxe no parque de Freixeiro e ao longo destas dúas semanas percorrerán diferentes barrios e parroquias de Narón.
Aprobadas as dúas mocións que o BNG levou ao pleno de xuño en Narón
O BNG de Narón presentou dúas mocións no pleno do 23 de xuño na que se reclamaba que o concello actuase ante os organismos competentes para a instalación da fibra óptica en todo o concello e outra na que se reclama o abaratamento da factura da luz. Ambas saíron aprobadas.