O BNG PRESENTA O SEU PROGRAMA DE IGUALDADE E DIVERSIDADE EN NARÓN CON MULLERES REPRESENTATIVAS DA COMARCA NA LOITA POLA IGUALDADE.

O BNG presenta o seu programa de Igualdade e diversidade en Narón

Mércores 8 de xullo do 2020. O BNG estivo hoxe á mañá desde as 11h na praza da Gándara nun acto aberto con colectivos de mulleres desde o ámbito do deporte, pasando pola administración, sanidade ou representantes institucionais para poñer as políticas de igualdade na primeira liña do debate.

O BNG presenta o seu programa de Igualdade e diversidade en Narón

Esta presentación máis que un mitin é un coloquio participativo no que queremos que todas as presentes nos conten as súas propias experiencias no ámbito laboral e social, xa que seguramente nalgún momento da súa vida sufriron a precariedade que seguimos a vivir a día de hoxe as mulleres, con contratos precarios, baixos soldos, ou incluso algún tipo de violencia social, económica, psicolóxica, ...” declara Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón

Queremos no bloque desta maneira deixar claro que para a nosa organización as eleccións galegas son unha oportunidade neste sentido “Teñen que valer para traducirse en transformacións reais, en máis igualdade e máis dereitos. Comprometémonos a elaborar unha nova Lei de Igualdade que fomente a corresponsabilidade e despregue unha rede de servizos públicos forte que garanta a conciliación real” indica Xiana González, candidata nº 19 do BNG e coñecida na comarca por ser unha referente en Galegas 8M e o movemento LGBT.

Entre as propostas do BNG está a histórica reclamación do bloque de investir o 1% dos orzamentos da Xunta na loita contra a violencia machista, promover medidas encamiñadas a unha maior integración da muller no mundo do traballo, promover a Lei galega de identidade de xénero e a recuperación dos centros quérote + con recursos humanos e económicos suficientes.

Desde o BNG afrontamos con moita ilusión o 12 de Xullo “temos a mellor candidata e a oportunidade histórica de poñer unha muller feminista e nacionalista na presidencia pero que non está soa, se non arroupada por unha organización feminista como o BNG. Na nosa localidade somo un exemplo niso cunha voceira municipal muller ou cun consello local con maioría de mulleres” declara Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

 

O BNG presenta o seu programa de Igualdade e diversidade en Narón