BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Portadas

BNG exixe garantir o servizo postal no Concello de Narón e melloras laborais

O marter 23 á tardiña Néstor Rego, o grupo municipal do BNG de Narón e representantes dos traballadores de correos mantiveron unha reunión para saber a actualidade da grave situación que vive Narón. Néstor Rego reclama, neste sentido, aumentar o persoal nas instalacións de Correos e no sistema de reparto no concello naronés para asegurar que todas as zonas teñan cobertura.

Ler novas
UNKNOWN

A desidia do goberno municipal leva á demora nas axudas á hostalería

A desidia do goberno municipal lévaos a tomar decisións tarde. Onte todos os grupos votamos a favor (e con carácter retroactivo) para non co rar unha taxa que por mor da pandemia non se usou: o uso das terrazas nos locais da cidade. Se no mes de abril do pasado ano, cando nós propuxemos adoptar este tipo de medidas para paliar a crise provocada pola pandemia da COVID-19 (entre outras moitas) non teríamos onte un pleno cunha votación que viña cun informe técnico en contra.
Ler novas
Portadas

O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón

Luns 25 de xaneiro.

Narón é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non conta cunha residencia de maiores pública, só conta cunha escola infantil pública, non ten un centro de formación profesional e o novo centro de saúde non terá psicoloxía clínica de momento. Desde o BNG consideran que un concello de 40.000 habitantes precisa todas as medidas reclamadas e presentadas hai dous meses polo BNG no parlamento galego para os orzamentos da Xunta que agora  goberno galego vén de rexeitar.

Ler novas
Portadas

Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores

A receita para conseguir un Narón no que todos e todas teñamos os mesmos dereitos, servizos... en canto saímos da nosa vivenda é: traballo, valentía política e un deseño pensado para o benestar das persoas, independentemente da súa condicións social ou económica, independentemente da súa mobilidade ou xénero. Este sábado, a asemblea do BNG de Narón formouse para coller ideas e camiños de cara apostar e defender un Narón moito mellor do que hoxe.
Ler novas
Portadas

Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores

A receita para conseguir un Narón no que todos e todas teñamos os mesmos dereitos, servizos en canto saímos da nosa vivenda é traballo, valentía política e un deseño pensado para o benestar das persoas, independentemente da súa condicións social ou económica, independentemente da súa mobilidade ou xénero. Este sábado, a asemblea do BNG de Narón formouse para coller ideas e camiños de cara apostar e defender un Narón moito mellor do que hoxe.
Ler novas