No pleno do mes de outubro o goberno municipal respondeu ás nosas preguntas sobre a inauguración do Muíño dicindo que se prepara "unha simulación" para que se vexan mover as moendas cando se inaugure, pero sen que funcionen normalmente os rodicios por mor da acumulación de lodos. Confirmou, tamén, que se realizará unha nova licitación, sen data polo momento, para activar as moendas do Muíño de Xuvia.
Instamos ao goberno municipal a que solicito á Xunta o traspaso da titularidade da Estrada de Castela para poder levar adiante a humanización da mesma.
As pistas de atletismo de Narón perderon a súa homologación por distintas obras feitas nas instalacións, obras que non cumplen as esixencias da RFEA e que, aínda con prórrogas concedidas, nunca se adaptaron a estas normas e rematou a prórroga sin que se solicitase de novo a homologación.
É de vital importancia poder actuar con rapidez en casos de emerxencia como son as paradas cardiorespiratorias nas que por cada minuto de parada se reduce un 10 % a posibilidade de reanimación.