PRESENTAMOS ALEGACIÓNS AO PXOM DE NARÓN
Reclamamos un plan especial para a Estrada de Castela e plans específicos para os barrios e parroquias e facemos fincapé na cementeira de Castro e nun depósito de refugallos situado na parroquia de Pedroso que o PXOM cualifica de “infraestrutura”.
Pedimos que se aumente o periodo de exposición pública e alegacións ao PXOM
Vimos de pedir por rexistro que se aumente o prazo de alegacións ao PXOM por quedar demostrado que é insuficiente para que as veciñas e veciños poidan alegar con garantías e pedimos, de non conseguilo, que a oposición se una para decidilo nun pleno extraordinario se fai falta.
Levamos unha moción a pleno solicitando un CIM para Narón
Reclamamos que o concello inicie os procedementos e acreditación do CIM de Narón mediante a solicitude á Xunta de Galiza para poder telo canto antes. As nacionalistas reclamamos que coa creación da Mesa interinstitucional de Xénero na localidade, a necesidade dun CIM é máis que evidente.
Denunciamos o estado da Rúa A Solaina e reclamamos melloras na mesma antes da súa recepción
Visitamos o xoves 7 de marzo de mañá o estado das obras da rúa a Solaina despois de comprobar que entrara por rexistro “a solicitude de tramitación de recepción parcial de FASE #7 da obra “HUMANIZACIÓN RÚA A SOLAINA” para o día 08 de marzo ás 12h. A nosa avaliación pasa por ver o “desastre” da execución da “obra de humanización”; o ano que leva de retraso e, que a intervención de 700.000 euros iniciais, ten un sobrecuste engadido de 320.000 euros desde a primeira semana.