Denunciamos que o Concello de narón queda excluído das axudas autonómicas para centros museísticos
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reparte un total de 200.000 euros entre centros museísticos locais e privados sen ánimo de lucro de toda Galiza e, o Concello de Narón, non percibirá as axudas por mór de non entregar documentación en tempo. Así se extrae da resolución definitiva da Dirección Xeral de Cultura, publicada recentemente no Diario Oficial de Galiza (DOG núm. 104). O municipio naronés figura formalmente na listaxe de entidades locais excluídas do procedemento.
Segundo recolle o Anexo III do documento, a exclusión do Concello de Narón vén motivada polo "incumprimento do estipulado no artigo 3.3" das bases reguladoras da convocatoria . Este punto fai referencia á obriga estrita que teñen as administracións locais de estar ao día na rendición de contas anuais ante o Consello de Contas de Galiza para poder ser beneficiarias de subvencións públicas autonómicas “é unha vergoña que volvamos perder unhas axudas que lles saen moi caras ás naronesas e naroneses por presentar a conta xeral tarde. Un novo desgoberno de Marián Ferreiro” declara Geno Carballeira, candidato á alcaldía de Narón. “Perderon axudas para a Praza de Galiza; perderon axudas o ano pasado da Deputación de limpeza da liña de costa e praias na que só había que solicitalas para obtelas; veñen cun modificado de crédito o mes pasado para cubrir uns gastos dunhas axudas que perderon e agora, isto que pagamos todos e todas as naronesas. Desde logo fai falla un cambio de rumbo” afirma Carballeira.