Pedimos que se aumente o periodo de exposición pública e alegacións ao PXOM
Vimos de pedir por rexistro que se aumente o prazo de alegacións ao PXOM por quedar demostrado que é insuficiente para que as veciñas e veciños poidan alegar con garantías e pedimos, de non conseguilo, que a oposición se una para decidilo nun pleno extraordinario se fai falta.
Campaña informativa sobre a atención primaria e convocando á mobilización do 12 de febreiro da plataforma SOS da Sanidade Pública
Traballamos nunha campaña informativa facendo repartos sobre as necesidades na atención primaria e as específicas ao respecto de Narón, ao mesmo tempo que animamos á xente a que asistise á manifestación do pasado 12 de febreiro en Compostela.
Iniciamos unha campaña para reclamar á Xunta de Galiza unha residencia de maiores PÚBLICA
O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón
Luns 25 de xaneiro.
Narón é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non conta cunha residencia de maiores pública, só conta cunha escola infantil pública, non ten un centro de formación profesional e o novo centro de saúde non terá psicoloxía clínica de momento. Desde o BNG consideran que un concello de 40.000 habitantes precisa todas as medidas reclamadas e presentadas hai dous meses polo BNG no parlamento galego para os orzamentos da Xunta que agora goberno galego vén de rexeitar.