Campaña informativa sobre a atención primaria e convocando á mobilización do 12 de febreiro da plataforma SOS da Sanidade Pública

Traballamos nunha campaña informativa facendo repartos sobre as necesidades na atención primaria e as específicas ao respecto de Narón, ao mesmo tempo que animamos á xente a que asistise á manifestación do pasado 12 de febreiro en Compostela.

Campaña informativa sobre a atención primaria e convocando á mobilización do 12 de febreiro da plataforma SOS da Sanidade Pública

Reclamamos máis persoal para o novo centro de saúde de Narón “é unha realidade a demora de dez días , se tes sorte, para ter unha primeira cita co teu médico de cabeceira e iso é unha neglixencia da Xunta que non se pode permitir” manifestaba Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal. Por todo isto, o bloque fixemos unha campaña informativa nas prazas e que recalou o luns 6 de febreiro desde as 09h da mañá diante do centro de saúde no camiño de Lodairo. Informamos desde o BNG a gran receptividade a esta campaña da sociedade “a xente agradece moito que nos mobilicemos e reclamemos tamén nas institucións. A sanidade é un dereito universal que nos queren roubar para beneficiar á privada. Por iso o 12 estivemos nunha manifestación histórica en Compostela” indica Ledo.


Así mesmo, Marta Grandal, responsábel local, respondía que “Hai máis dun ano a alcaldesa e Feixóo inauguraban un centro de saúde con demasiadas eivas. Agora, os veciños e veciñas de Narón ademais de ver como se retrasan as súas citas tamén comproban como o novo centro de saúde segue con deficiencias na estrutura, o ascensor segue a non funcionar todos os días e o aparcadoiro leva un ano e medio de retraso nas obras. Só agora antes das eleccións acordouse o concello de que estabamos aparcando nunha lameira. Desde o BNG levamos ao parlamento a situación do centro de saúde e no pleno municipal seguiremos a incidir para que o concello atenda as demandas da veciñanza.”

Campaña informativa sobre a atención primaria e convocando á mobilización do 12 de febreiro da plataforma SOS da Sanidade Pública