centro de saúde
UNKNOWN
centro-de-saude-naron_img179588t0

O BNG de Narón rexistra a petición de convertir o centro de saúde vello nun espazo cultural de usos múltiples

O luns 19 de xullo o novo centro de saúde comeza a súa andaina e o vello baléirase. O BNG de Narón, despois dun profundo debate de análise desde o consello local, reclamamos que valga para dinamizar a zona e facer un espazo necesario onde poidan convivir persoas de todas as idades e o tecido asociativo, pensado tamén para a xente nova.
Ler novas
Portadas
Olaia Ledo, Geno Carballeira e o deputado galego Mon Fernández

O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón

Luns 25 de xaneiro.

Narón é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non conta cunha residencia de maiores pública, só conta cunha escola infantil pública, non ten un centro de formación profesional e o novo centro de saúde non terá psicoloxía clínica de momento. Desde o BNG consideran que un concello de 40.000 habitantes precisa todas as medidas reclamadas e presentadas hai dous meses polo BNG no parlamento galego para os orzamentos da Xunta que agora  goberno galego vén de rexeitar.

Ler novas
Novas
faixa

O BNG leva ao parlamento galego o centro de saúde de Narón agora en construción

O BNG de Narón continúa coa campaña para que o futuro centro de saúde, agora en construción, conte con todos os servizos que unha cidade de 40.000 habitantes precisa. Ademais, o proxecto incluíu o demandado servizo de radioloxía despois dunha gran campaña mais seguimos a pedir unha consulta de psicoloxía clínica. O bloque rexistrou pregunta parlamentar e unha proposición non de lei para que desde a Consellería se postulen de maneira oficial.

 

Ler novas
Vídeo
Novo centro de saúde de Narón con servizos e persoal suficente XA!

Novo centro de saúde de Narón con servizos e persoal suficente XA!

No BNG de Narón levamos recollidas máis de 600 sintauras para dotar de servizos o novo centro de saúde do que na actualidade ten as obras paradas. Aquí tedes o video de presentación de campaña. Co que estamos a dar continuidade recollendo sintauras e repartindo folletos no que informan as actuacións que pedimos.

Ler novas
Novas
51366352_1964911503558469_1218703588784603136_o

Campaña para dotar de servizos o novo centro de saúde

Servizo de radioloxía, unha Unidade de Saúde Mental, máis persoal sanitario. A permanencia e mellora dos centros de saúde de Val e Pedroso e dotalos de transporte público axeitado. A loita pola mellora na sanidade é unha constante no BNG e agora en Narón toca reclamar o que nos pertence a todos e todas.

Ler novas