"NON" é a resposta da Xunta á petición do BNG dunha residencia pública de maiores
No BNG seguiremos reclamando unha residencia de maiores pública para Narón, a oitava cidade de Galiza na que arredor dunhas 8.000 persoas son maiores de 65 anos e na que non dispoñemos nin tan siquera de 30 prazas públicas. A Xunta é coñecedora de que non chega con que haxa unha residencia nova en Ferrol para toda a comarca e por iso o BNG insotu no Parlamento Galego a que a Xunta se posicionara públicamente. Obtendo unha resposta negativa en desde o BNG de Narón seguiremos, coa axuda de toda a veciñanza, recollendo sinaturas para xuntar coas que xa levamos recollido (arredor dunhas mil cincocentas) e pedindo esta residencia que tan necesaria é.
A política actual da Xunta de Galiza lévanos a dispoñer tan só de 2 prazas públicas de cada 10 e todos temos dereito a unha vellez digna que non se convirta nun negocio. As listas de espera chegan a ser de dous anos e na maioría dos casos con desprazamentos a outras cidades. "No BNG apostamos por un modelo público de residencias e por unhas residencias de proximidade. As consecuencias do modelo de residencias privatizado como ten Galiza converte o dereito a unha vellez digna nun negocio de empresas que poñen por diante de calquera outro aspecto o incremento dos seus beneficios. E Narón merece e precisa esa residencia pública que levamos reclamando anos nos orzamentos da Xunta", dí Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.