Aprobada a moción do BNG para que Narón sexa concello preferente para adquirir axudas no Fondo da Transición Xusta da provincia da Coruña
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondeu por escrito ao BNG no Congreso dos Deputados que Narón non entrará no convenio de transición xusta. Sorprendeunos que a alcaldesa e o delegado da Xunta falaran sobre este convenio esta mesma semana cando xa existía a negativa: o delegado da Xunta mentiu a todos os naroneses e naronesas evitando informar á alacaldía de algo que xa coñecían.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico decidiu non ter en conta a petición do concello de Narón a través de Declaración Institucional e, tamén, a petición conxunta do consistorio e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra polo que procedeu á non inclusión do Convenio de Transición Xusta de As Pontes a Narón. O BNG con data de 31 de Abril facía o propio no congreso para reclamar que se tivera en conta Narón neste convenio pero a resposta foi igualmente negativa. Desde o BNG consideramos inxusta a decisión pero, ante o anuncio de 111 millóns de euros para a provincia para a “transición xusta” por parte do Ministerio e que será xestionado desde a Xunta de Galiza reclamamos que o concello pida “de maneira oficial” que Narón non só opte polas axudas se non que sexa considerado concello preferente por estar afectado directamente polo peche da central das Pontes “sorprendeunos que na xuntanza do delegado da Xunta e a alcaldesa esta semana volvesen falar do Convenio cando temos a resposta que se nos deu no BNG no congreso de que non vai ser. Máis sorpresa aínda foi que o delegado anunciara unhas axudas que tamén somos coñecedores desde hai tempo e que se dan desde o Ministerio e con xestión da Xunta. Sabemos que Narón pode optar a unha parte deses 111 millóns destinados á provincia da Coruña pero, o goberno galego debe saber que non só optamos se non que debemos ter preferencia polo que supón o peche da térmica na nosa cidade en canto postos de traballo e industria relacionada” indica Ledo, a nosa voceira municipal.
Desde o BNG consideramos moi positivo que todos os grupos representados no pleno mostrasen consenso nunhas axudas necesarias e que afectan directamente ás veciñas e veciños de Narón “cremos que todos os grupos debemos estar unidos nisto e facer forza para poder ter parte do Fondo da Transición Xusta”, afirma Olaia Ledo.Así, no pleno do 28 de xullo foi aprobada a moción do BNG coa abstención do PP de Narón "preoc´upanos que o partido que vai xestionar desde a Xunta de galiza eses fondos abst´eñase nun asunto tan importante para Narón xa que somos o terceiro concello máis afectado polo peche da térmica non só en postos de traballo directos se non tamén na industria auxiliar dos nosos polígonos"