Néstor Rego visita as instalacións da Cooperativa do Val en Narón
Néstor Rego, deputado no congreso do Bloque Nacionalista Galego, estivo na Cooperativa de usuarios e consumidores con sección de Crédito de O Val para coñecer o seu traballo tanto cooperativista como o desenvolto na Fundación Terra de Trasancos. Acompañárono o deputado galego pola comarca, Mon Fernández, e a nosa portavoz municipal, Olaia Ledo.
A figura das cooperativas con sección de crédito en Galiza só existe en Ferrolterra e na actualidade son tres: cooperativa de Meirás, Vilaboa e a do Val. Néstor Rego, de vistia na comarca de Ferrolterra, achegouse a coñecer en Narón o traballo da cooperativa do Val que conta con tres sedes (en Serantes -Ferrol- e nas parroquias do Val e Xuvia en Narón). As instalación van desde áreas comerciais, banco de sementes, a fundación Terra de Trasancos especializada en envellecemento activo (sen actividades desde o inicio da pandemia) e sección de crédito. A aposta polo cooperativismo e o produto galego é unha marca nesta cooperativa e un exemplo para o bloque nacionalista galego de economÃa real ao servizo dunha comarca e dun paÃs. O presidente da cooperativa, José DÃaz Dopico e a xerente Marta Vázquez explicaron o traballo recente e como manteñen os postos de traballo durante a pandemia. Tamén nos serviron de guÃa para coñecer de primeia man o traballo que alà se realiza.