O BNG leva ao congreso o arranxo da calzada e beirarrúas da travesía da estación de RENFE da parroquia de Xuvia.
Os problemas de firme da calzada e accesibilidade á estación de tren de Xuvia son unha evidencia son con achegarte á zona. Agora este tramo de calzada dependente do estado van ao congreso grazas ao BNG. No BNG de Narón reclamamos solucións e respostas a unha demanda veciñal na que a AV Altea de Xuvia ten solicitado en diferentes consellos territoriais e mesmo por escrito. Se o concello non chega ou dalle igual nós temos claro que non e faremos todo o que estea na nosa man para que os nosos barrios e parroquias teñan vida, un plan de mobilidade axeitado e sexan entornos amábeis para vivir.
No BNG de Narón iniciamos unha campaña de recuperación e posta en valor de barrios e parroquias. No caso de Xuvia consideramos que é preciso un plan director para recuperar zonas en claro deterioro e que a solución non sexa “ir tirando edificios ou tapiando casas cando non queda outra” . A nosa primeira proposta diríxese ao congreso para que solucionen a entrada da estación de tren “O Concello de Narón respondeu cun ano de retraso que non era a súa competencia reparar o firme e acceso á estación pero eles deberían reclamárllelo ao Ministerio. Ante a desidia facémolo nós no congreso dos deputados” indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal. O deterioro dun servizo público e esencial queda unha vez máis en evidencia ante o desleixo non só de estado se non da administración municipal. “En Xuvia, xa non hai nin que estar a esperar no andén para ver o problema do servizo ferroviario se non que na mesma entrada a accesibilidade universal é nula e mesmo houbo algún pinchazo de rodas polo estado do firme da calzada. Todo nun barrio histórico que precisa de investimentos para que a solución non sexa ir pechando e derrubando cousas, se non que se creen dinámicas que lle dean a Xuvia o futuro que se merece” Remata Olaia Ledo.