ESIXIMOS UN PLAN DE CHOQUE INMEDIATO ANTE O ESTADO DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA O BARRIO DA GÁNDARA

713604826_10163350435628458_2213272993204539019_n

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciamos publicamente o estado de "abandono" no que o Goberno local ten sumido ao barrio da Gándara. 

ESIXIMOS UN PLAN DE CHOQUE INMEDIATO ANTE O ESTADO DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA O BARRIO DA GÁNDARA

Tras realizar diversas visitas á zona e manter contactos con residentes e comerciantes, a formación nacionalista urximos unha intervención inmediata ante o que consideran unha falta absoluta de respecto cara a un dos núcleos urbanos máis poboados de Narón.

"O que está a pasar na Gándara xa non é un problema de estética, é un problema de seguridade viaria e de saúde pública que o Concello se nega a ver", denunciamos desde organización da fronte nacionalista.

Desdes o BNG cualificamos de "auténtica xincana" o simple feito de camiñar polas rúas do barrio, practicamente a totalidade das mesmas presenta graves eivas, con baldosas totalmente levantadas ou esnaquizadas sen que se realice ningunha tarefa de reposición, ao igual que presentan unha falta de mantemento considerábel que se manifesta nas herbas que podemos ver medrando entre as baldosas ou polas beiras das mesmas.

Esta falta de mantemento maniféstase tamén en fincas privadas, as cales foron denunciadas en varias ocasións pola veciñanza e que o goberno municipal  debería ter reclamado a súa limpeza aos propietarios, debido ao cal proliferan as pragas de ratas, algo dunha extrema gravidade cando se observa que os maiores puntos están en zonas moi transitadas por ser zonas de paso á escola infantil e ao centro escolar público do barrio e son grandes focos de infección perigoso para a saúde pública. O BNG esixe que o Concello actúe de oficio e de xeito subsidiario para limpar os terreos e desratizar con urxencia unha zona especialmente vulnerable.

O abandono institucional faise aínda máis evidente nos espazos de lecer. O chan do parque do barrio atópase nun estado deplorable, ao igual que o do parque de mantemento de maiores e as súas instalacións, e a fonte pública leva tempo sen funcionar e as tubaxes que a abastecen rompen de xeito sistemático. Desde o BNG explícase que estas conducións de auga foron instaladas sen protección nin tapado debaixo do pavimento do parque, polo que o propio uso do parque e o peso do tránsito acaban por rebententalas de forma cíclica.

Para colmo, o Monumento á Muller, situado neste ámbito, atópase nun estado de total desleixo estrutural. A falta de mantemento levou á escultura a unha situación límite, estando nestes momentos a piques de caer, o que supón unha ameaza inminente para a integridade física de calquera veciño ou veciña.

Non podemos esquecernos, falando deste barrio, dos retrasos nas obras do local social e da falta de previsión do goberno para facilitarlle ás entidades que alí teñen a súa sede uns espazos onde realizar as súas actividades ao longo do ano”¸ comenta Geno Carballeira, candidato á alcaldía, “é lamentábel que nun concello coma Narón, a oitava cidade de Galiza, non existan espazos para albergar as entidades asociativas que tanto traballo, e tan bo, fan pola nosa veciñanza”.

ESIXIMOS UN PLAN DE CHOQUE INMEDIATO ANTE O ESTADO DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA O BARRIO DA GÁNDARA