olaia-ledo
PORTADAS
Aprobada a moción do BNG a prol da visibilidade e dereitos LGBT+

Aprobada a moción do BNG a prol da visibilidade e dereitos LGBT+

Esta mañá tivo lugar o último pleno de Narón e a única moción presentada foi aprobada coas únicas abstencións do PP. O colectivo Avante Ferrolterra interveu no pleno para visibilizar a súa loita e a situación que teñen que vivir no día a días as persoas do colectivo.

“Foi un día importante para Narón” declara Olaia Ledo, voceira do BNG “de cumprirse o aprobado no pleno, o 2020 xa será un pouco mellor que o 2019 na loita por unha igualdade real para todas as persoas. As administracións temos a obriga de lexislar, traballar, colaborar e escoitar para avanzar na visibilidade da sociedade diversa que xa somos de facto”. Desde o BNG somos conscientes de que a moción é só un paso e que os verdadeiros cambios virán nas accións do día a día, no recoñecemento das múltiples identidades.

 

Ler novas
NOVAS
O BNG leva ao parlamento galego o centro de saúde de Narón agora en construción

O BNG leva ao parlamento galego o centro de saúde de Narón agora en construción

O BNG de Narón continúa coa campaña para que o futuro centro de saúde, agora en construción, conte con todos os servizos que unha cidade de 40.000 habitantes precisa. Ademais, o proxecto incluíu o demandado servizo de radioloxía despois dunha gran campaña mais seguimos a pedir unha consulta de psicoloxía clínica. O bloque rexistrou pregunta parlamentar e unha proposición non de lei para que desde a Consellería se postulen de maneira oficial.

 

Ler novas
Vídeo
Narón de todas as cores

Narón de todas as cores

O 26 de maio temos a oportunidade de pasar dun Narón gris, un Narón en branco e negro a un Narón de todas as cores. Súmate á ilusión. Vota BNG. 

Ler novas
NOVAS
O BNG de Narón aposta pola compostaxe XA

O BNG de Narón aposta pola compostaxe XA

Narón, 12 de maio de 2019. O programa do Bloque Nacionalista Galego, en palabras da candidata á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo, avoga pola construción dunha planta de compostaxe que permita avanzar nun modelo alternativo a Sogama na xestión dos residuos. Esta é unha das medidas incluídas no programa co que o BNG concorre ás eleccións do 26M e coa que quer poñer de manifesto a importancia que para a organización nacionalista ten a colaboración institucional na consecución do obxectivo prioritario nos vindeiros catro anos: construír un concello para as persoas e o seu benestar.

Ler novas
NOVAS
A nosa candidatura

A nosa candidatura

17 mulleres e 14 homes preparadas para liderar o cambio que Narón precisa, persoas do tecido asociativo, traballadoras de todos os sectores e de todas as idades que comprenden un Narón que quere poñer ás persoas no centro independetemente da súa condición social, económica, física ou política

Ler novas
NOVAS
Presentación da candidatura e programa

Presentación da candidatura e programa

Narón, 8 de maio de 2019. A candidata do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo, asegurou hoxe no acto de presentación da lista coa que a organización concorre ás eleccións do 26M que “estamos moi orgullosos do traballo desenvolvido estes anos polo BNG no cogoberno de Narón, mais cremos que agora é o momento de dar un paso máis, e por iso presentamos un grupo de persoas e un proxecto para ilusionar á veciñanza de Narón e para poder conquerirmos un futuro mellor”. 

Ler novas
NOVAS
O BNG de Narón reúnese con representantes de Poligal

O BNG de Narón reúnese con representantes de Poligal

O Bloque Nacionalista Galego mantivo unha reunión cos representantes dos traballadores e traballadoras de Poligal co obxectivo de coñecer de primeira man a situación na que se atopa trala presentación por parte da empresa do concurso de acreedores o pasado mes de febreiro e que a empresa quere aplicar despois das vacacións de semana santa

Ler novas
NOVAS
Ana Pontón e o BNG de Ferrolterra reúnense co comité de MEGASA

Ana Pontón e o BNG de Ferrolterra reúnense co comité de MEGASA

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, reuniuse co comité de empresa de Megasa para trasladarlle a súa preocupación por que Galiza “se convirta nun deserto industrial” e por iso informou das alegacións presentadas ao proxecto de real decreto polo que se regula o estatuto dos consumidores electrointensivos, entre os que se atopa a siderúrxica de Xuvia.

Ler novas