ANTE O ANUNCIO ELECTORALISTA DO CONCELLO NÓS RECLAMAMOS SOLUCIÓNS

Reclamamos unha solución para a destrución dunha parte do camiño do muíño das Aceas

As choivas do inverno produciron un corremento de terras na zona do Muíño das Aceas nun lugar que precisa intervención urxente. O Concello propietario do inmoble, a partir dunha moción do BNG aprobada en pleno, non ten aínda un proxecto de recuperación do mesmo. O concello non é quen de xestionar con outras administracións para porlle solucións e, a 40 días das eleccións, anuncian un proxecto para o muiño cando nin tan sequera teñen o Muíño de Xuvia co museo que lle corresponde.

Reclamamos unha solución para a destrución dunha parte do camiño do muíño das Aceas

Reclamamos solucións ao corremento de terras e que se poida actuar. Alertamos desde hai tempo de que esta situación vén desde o inverno e o concello “nada fixo” para solucionalo. Reclamamos, tamén , un proxecto para o Muíño das Aceas que poña en valor o inmoble e que sexa recuperado para todos os veciños e veciñas do concello “Non podemos comprender como o concello non apura con outras administración unha solución. Unha mostra máis da falta de xestión e desleixo do goberno deste concello. Nós, como BNG, nestes catro anos viñemos limpar a zona varias veces e , por rexistro, pedimos solucións e informamos de todo o que estaba deteriorado. A resposta do concello foi non facer nada” indica Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

Ademais, desde o BNG de Narón, apremiamos que se licite para reparar o tellado de maneira inmediata “dentro están todas as pezas do muíño, no momento en que caia a primeira planta xa que o tellado xa caeu, haberá partes que non poderemos recuperar. En Narón indicamos na cartelería do camiño inglés e o de Santo André de Teixido que fagan unha parada neste Muíño, é a nosa responsabilidade dalo a coñecer como se merece” explica Grandal. Olaia Ledo a este respecto tamén opina "o que queremos é unha solución seria non que se anuncie unha licitación que non pasou nin por pleno como se ve queren facernos crer. En Narón non nos gusta que nos enganen e non impos permitir que nos anuncien algo que logo non se fai. E dicímolo con coñecemento de causa porque estes catro anos foron catro anos perdidos no noso concello onde ou o que prometeron está parado ou simplemente non se fixo" 

O BNG durante estes catro anos pediu en diferentes ocasións unha solución. A moción aprobada en pelno tivo que ser presentada en dúas ocasións, de ahí xurdiu unha comisión para a recuperación do pazo. Ademais, este Muíño foi levado ao congreso dos deputados a través de Néstor Rego, representante do BNG en Madrid e o Ministerio mostrou interese porque fose solucionado e declaralo Ben de interese.

A partir do 28 de maio cun concello BNG será posible pero non podemos (ou debemos esperar máis)

 

Reclamamos unha solución para a destrución dunha parte do camiño do muíño das Aceas