Institucional

IMG-20230617-WA0021
Na foto, Bea Mosquera, Marta Grandal, Olaia Ledo e Geno Carballeira

Narón ten na actualidade catro persoas representando ao BNG no Concello que lle adican parte do seu tempo á mellora da vida de todos e todas: Olaia Ledo (portavoz municipal), Geno Carballeira (concelleiro), Beatriz Mosquera (concelleira) e Marta Grandal (persoal de confianza BNG e responsable local). Temos oficina aberta de 8:00 da mañá a 15:00 da tarde onde Marta atenderá e escoitará as vosas preocupacións, informando das nosas campañas e propostas. Poderedes velos en asembleas, encontros, pegando carteis ou nas asociacións nas que participan. Hoxe Bea, Geno e Olaia, traballan nos seus respectivos oficios mais sacan tempo extra para intentar mellorar a vida de todas as naronesas e naroneses con ilusión, esforzo e responsabilidade e, tamén, coa confianza de que Marta, actual responsable local, traballa no día a día todos os aspectos precisos para transformar a realidade.