Geno Carballeira
Portadas
79cac0d2-3cfc-423c-b14c-7c13589b96c7

Geno Carballeira, candidato á alcaldía por Narón para as municipais de 2027

O 28 de febreiro de hai dez anos escollimos unha dirección nacional do BNG encabezada por Ana Pontón que nos deu moitas alegrías. E hoxe, dez anos despois, tivemos a nosa asemblea local para escoller ao noso vindeiro candidato nas eleccións municipais en Narón. Geno Carballeira, concelleiro actualmente polo BNG desde hai sete anos, dá o paso despois de ser escollido por unanimidade nun encontro onde a ilusión e as ganas de levar a Narón con rumbo certo rebosaron no Muíño de Xuvia. 

Ler novas
UNKNOWN

O BNG de Narón realiza un encontro sobre como afecta o parque de Caaveiro en Narón no local social de Doso

O 5 de maio o BNG de Narón mantiña unha reunicón coas asociacións veciñais de Sedes, O Val e San Mateo afectadas por posíbeis parques eólicos nun futuro. Antes rexistrara petición ao concello para ter información e a resposta foi que nada sabían. Ante isto desde o BNG decidimos buscar solucións directamente e presentamos unha moción municipal que foi aprobada na que se alertaba das consecuencias do boom eólico. O que non sabíamos a aquela altura e que a parroquia de Doso entraba nunha parte na poligonal do parque de Caaveiro.

afectación directa en Doso

 

Ler novas
Portadas

Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais

No pleno extraordinario de Narón aprobouse a normativa para as taxas deportivas axeitándoas, como debe de ser, aos tempos do Covid. Estamos dacordo e vemos lóxico que se faga.

Ademais  desde o grupo municipal do BNG de Narón vimos necesario solicitar outras taxas para usos de instalacións municipais de entidades e asociacións máis económicas e que permitan que, no noso concello, o asociacionismo medre e axude a ter unha cidade dinámica e se fagan actividades que sexan punto de encontro para toda a veciñanza.

 

Ler novas