Imprimir

O BNG de Narón rexistra unha iniciativa municipal para ceder espazos ás persoas que saen á rúa nestes momentos. 

BNG de Narón | 06 de maio de 2020

IMG-20200506-WA0007

O BNG de Narón vén de falar con diferentes axentes e persoas a título individual que manifestan o temor de saír á rúa nas zonas urbanas da cidade en condicións de seguridade pola masificación dos espazos en determinadas franxas horarias. Esixen unha cidade onde o espazo público sexa un ben de primeira necesidade e o benestar das persoas o centro.

Narón medrou na última década 10.000 habitantes no censo e isto derivou en barrios e parroquias dispersas e con difícil conexión entre elas. Para o BNG, a súa solución pasa por “gañar a cidade a todas as persoas onde o espazo público sexa un ben en si mesmo como o é a sanidade, a educación, o emprego ou a cobertura social”. Con esta premisa elaboraron o seu programa electoral hai máis dun ano e foi un dos puntos que lles valeron para non integrarse nun pacto de goberno e facer “unha oposición construtiva pero que valga para incidir noutro modelo de cidade onde o espazo público sexa para todas as persoas sen condición, integrando rural e urbano” Indica Olaia Ledo, a súa portavoz municipal.

O seu grupo municipal vén de rexistrar medidas para que, de xeito transitorio, os barrios da zona urbana (na fase de desescalada no estado de alarma decretado polo goberno do estado) habiliten zonas peonís e máis espazo público á hostalería e o comercio local poder facer uso do espazo público para a ampliación de terrazas por exemplo e poder cumprir así cos criterios esixidos no BOE faise necesario para apoiar o comercio local e que as persoas que circulen  non se vexan perxudicadas porque tamén teñen o seu propio espazo,, é preciso desenvolver un plan municipal urxentemente que contemplen estas medidas”. O acento póñeno na Estrada de Castela nos barrios do Alto, Piñeiros e Freixeiro  para que se corte ao tráfico unha parte e permitir máis espazos para os paseos, facer deporte ou mesmo xogar en condicións de seguridade como xa se está a facer noutras cidades galegas. Argumentan que moitas familias de Narón están a ver reducidas as súas saídas por mor de non atopar distancias de seguridade acaídas. “Desde hai máis de 20 anos no BNG defendemos outros modelos de cidades e vilas e agora en Narón vese os problemas de non termos actuado con máis premura. Nunca é tarde se comezamos agora a traballar” indica Olaia Ledo. A Gándara tamén ten un apartado para o seu tratamento nas iniciativas rexistradas onde piden gañar espazo que amplíe o paseo marítimo e rúas para todas as persoas e familias da zona nas fins de semana na súa totalidade. Hoxe mesmo proporán ao goberno estas medidas e o venres nunha reunión telemática.

Instamos ao concello de Narón a facer un mapeo coas entidades e asociacións veciñais para coñecer as necesidades de cada barrio ou parroquia. Por iso pedimos que se teña en conta a perspectiva de xénero para o concepto de mobilidade e construír un concello que poña as persoas e o seu benestar no centro de todo

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/portadas/proposta-peanolizacion-parcial/20200506122947000952.html


© 2021 BNG de Narón

BNG de Narón