BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Portadas

Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais

No pleno extraordinario de Narón aprobouse a normativa para as taxas deportivas axeitándoas, como debe de ser, aos tempos do Covid. Estamos dacordo e vemos lóxico que se faga.

Ademais  desde o grupo municipal do BNG de Narón vimos necesario solicitar outras taxas para usos de instalacións municipais de entidades e asociacións máis económicas e que permitan que, no noso concello, o asociacionismo medre e axude a ter unha cidade dinámica e se fagan actividades que sexan punto de encontro para toda a veciñanza.

 

Ler novas
Portadas

Necesidade de actuación URXENTE no camiño de Santiago ao seu paso por Narón

A situación do camiño inglés e de san andrés de Teixido ao seu paso por Xuvia e o Couto en Narón atópase con escombros, sen accesibilidadade, cartelería rota, un muíño das Aceñas en estado ruinoso e co tellado caído e, ademais, con zonas sen valar con fendas en pasos e pontes “na que pode caer perfectamente desde un neno a unha persoa adulta directamente á ría desde unha altura de metros, calquer día temos unha desgraza en Narón se non o solucionamos indica Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

Ler novas
Portadas

O BNG de Narón agradece o apoio "histórico" obtido nas eleccións galegas

Olaia Ledo, voceira municpal do BNG de Narón destacou, nunha entrevista aos medios os 4.267 votos obtidos para o BNG nas galegas do 2020, que representan case o 30% de votantes. “É un resultado histórico en Narón, subimos en todas as parroquias nun contexto onde votou menos xente na nosa cidade, de feito o resto de organizacións diminuíu o número de votos e nós non. Para nós é un traballo colectivo, de moito tempo e é un orgullo pertencer a unha organización que traballa polo benestar de todas as persoas que vivimos aquí. E que dicir de Narón, só podemos dalas GRAZAS, de corazón, e que traballaremos para devolverlles todo o apoio e azos recibidos"
Ler novas
Portadas

Representantes do BNG de Narón acompañan a Mon Fernández (candidato nº 5 pola provincia da Coruña) na súa visita á parroquia do Val

O candidato nº 5 pola provincia da Coruña, Mon Fernández, estivo na parroquia do Val, acompañado de Geno Carballeira (concelleiro) e Marta Grandal (responsábel local). Tras coñecer pola prensa e pola información que a Asociación de Veciños do Val traslada ao Grupo Municipal do BNG o mal estado no que se atopan a Estrada de Baltar  (AC-114) e as beirarrúas da Estrada principal que atravesa esta parroquia (AC-116), achegámonos ata alí para falar cos veciños e ver cal é a verdadeira situación.
Ler novas
Portadas

O BNG de Narón rexistra varias mocións no pleno, en apoio ás traballadoras de Alcoa, á reapertura dos Centros de Día e en apoio ao día do Orgullo

O pasado 25 de xuño celebrouse, como cada último xoves de mes, o Pleno Ordinario no Concello de Narón, no cal presentamos dúas mocións, unha apoiando as traballadoras da factoría Alcoa San Cibrao e outra pedindo a reapertura dos centros de Dia para a atención dos nosos maiores. Ademáis levamos unha proposta en apoio ao día do Orgullo, que se celebra o día 28 de xuño, a cal se presentou como Declaración Institucional.
Ler novas
Portadas

Xiana González é a candidata naronesa ás galegas do 2020

Arroupada pola reponsábel local da formación, Marta Grandal e a voceira municipal de Narón, Olaia Ledo, a naronesa  e activista feminista Xiana preséntase na candidatura que encabeza Ana Pontón “con moita ilusión para que unha nova Galiza teña lugar e a mocidade poida ser motor dese cambio”. O venres 26 farán un acto onde interveña no paseo de Xuvia acompañada por Ana Pontón e Mini RIvas ás 20:30. 

Ler novas
Portadas

Balance deste primeiro Ano

Un ano desde que os nosos concelleiros, Olaia Ledo e Geno Carballeira prometeran defender ao pobo de Narón. Un ano no que pasaron moitas cousas e onde desde o BNG  traballamos cada día para que Narón e Galiza sexan mellores. Facémolo sen prevendas e para transformar, como escribía Castelao, os anceios en realidades e as realidades en feitos. 

 

 

Ler novas
UNKNOWN

Seguimos a preocuparnos polo espazo público en Narón

O grupo municipal do BNG de Narón segue preocupado nesta fase de desescalada polos accesos de toda a poboación ao espazo público e preocúpalles a falta de resposta "Ante as preguntas e rogos que facemos de se van a facilitar máis accesos da estrada da trincheira a resposta da alcaldesa é que "o están a mirar pero que non nos dan máis información por se non se fan" indica Geno Carballeira, concelleiro do BNG de Narón "preocúpanos tamén que non se dividan correctamente: por exemplo hai xente que ten dúbidas na mesma estrada da trincheira por onde poden pasar as bicis e por onde as persoas que pasean. Ademais hai que reparar os taboleiros do paseo marítimo da Gándara ou do parque de Freixeiro e outras incidencias. Pensamos que nisto hai que estar unida a oposición e o goberno pero de momento só nos atopamos con que Narón estase a quedar atrás  se comparamos con outros concellos" indica a portavoz municipal, Olaia Ledo

Ademais, durante este tempo máis xente está a acceder e querer desfrutar das rúas e parques e segue a ser mio necesario un acondicionamento do parque de Pedroso, non só de limpeza. Parroquias como o Val seguen a ter problemas coa recollida de lixo (e non chega con que se vai solucionar no futuro co nova contratación de lixo cando o problema é xa no presente), o axeitamento seguro aos parques e paseos e outras demandas que desde o BNG intentamos facer chegar para dar solución desde o concello.

 

 

Ler novas
Portadas

SÍGUENOS NO WHATSAPP do BNG de NARÓN

Sabemos que Whatsapp é app de mensaxería que utilizas todos os días. No BNG de Narón tamén queremos estar aí para enviarche información de primeira man e para que saibas todo o que facemos, en exclusiva, sen intermediarios. Con este obxectivo abrimos a nosa propia canle de Whatsapp.
Ler novas
Portadas

O BNG de Narón leva ao pleno de maio dúas mocións arredor do ensino e da lingua de suma importancia

As mocións que presenta o grupo municipal do BNG de Narón, chegaron ao pleno deste xoves cos votos xa favorábeis de PsdeG e Tega polo que resultaron tamén aprobadas definitivamente unha vez rematada a sesión. Son dúas mocións (o máximo que en Narón ten permitido cada grupo municipal por pleno e que desde o BNG parécenos insuficiente para poder debatir e achegar propostas) centradas no ensino e na defensa do galego, a nosa lingua propia. Tamén presentaron unha batería de preguntas e rogos ao final sobre mobilidade e indicacións que lle achegan desde a veciñanza para dar a coñecer estas demandas ao grupo de goberno.

Ler novas