A alcaldesa despreocúpase da situación do lixo en Narón
Neste momento que se está realizando a colocación dos novos colectores en todo o concello supoñíamos que se fixera un estudio anterior en canto á estratexia de colocación dos memos, e foi o que nos dixeron, pero estamos comprobando que, ou non se fixo, ou hai aspectos que non se contemplaron no mesmo, como que as veciñas e veciños non deben correr o perigo de estar na rúa por onde transitan os vehículos para ter que verter o lixo nos colectores, como está a ocorrer no barrio de A Solaina.
Ademais disto hai colectores colocados nas paradas dos autobuses públicos, en prazas de minusválidos, non teñen a suxección axeitada para os días de vento; e incluso a altura dos mesmos non é a axeitada para persoas en cadeira de rodas, din desde o concello que no caso de que o soliciten pódense adaptar pero esta non é a solución, no momento da súa colocación debemos de ter en conta as condicións de accesibilidade axeitadas a todo o mundo.