Resposta ao anuncio de licitación do PMUS e á falta de autocrítica do goberno municipal

Rúa Cerrallón
Rúa Cerrallón
Respostamos ao anuncio de licitación do PMUS e ás declaracións da alcaldesa en rolda de prensa, que nos sorprenden para mal pola súa falta de autocrítica.
Resposta ao anuncio de licitación do PMUS e á falta de autocrítica do goberno municipal

Desde o Consello Local do BNG de Narón que, se ben o PMUS ten que ser o punto de inflexión para mellorar a mobilidade en Narón, sorpréndennos as declaracións da Alcaldesa en rolda de prensa nas que indica "o PMUS trátase de actuacións sobre as que Narón temos xa un camiño avanzado porque levamos varios anos centrándonos na importancia de mellorar a mobilidade e a accesibilidade".

Para nós é unha auténtica tomadura de pelo que consideren que solucionar catro baches vale para sacar peito nunha mobilidade que, a día de hoxe, en Narón non é para nada sostíbel ou amábel e é moi complexa e con impedimentos tales como marquesinas que cortan beirarrúas enteiras e farolas que impiden alternativa que non sexa tomar a estrada, estradas nas parroquias que sen chegar a acordos con outras administracións son un auténtico perigo (ahí temos a de San Xiao e a do Feal). ou demasiados atropelos para un concello de 40.000 habitantes.

"Poderíamos anunciar centos de problemas con mobilidade e esperamos que si se poida mudar agora que a lei obriga, pero sen autocrítica por parte do concello nunca seremos capaces de avanzar. Nós, desde o BNG, traballamos con humildade facendo propostas pero cun proxecto claro que é o dos concellos BNG, e esperamos que se teñan en conta e marquemos axenda de prioridades como xa fixemos anteriormente co Muíño das Aceas, paseos ou a inclusión de radioloxía no centro de saúde, pero dicir que en Narón levamos avanzado en mobilidade sostíbel é a máis grande mentira que escoitamos en tempo" afirman os nacionalistas.

 

Resposta ao anuncio de licitación do PMUS e á falta de autocrítica do goberno municipal