Organizamos unha xornada online o sábado 2 á mañá sobre os coidados ás coidadoras

Temos que ter sempre presente a importancia do coidado das coidadoras, esas persoas cuxa labor diaria é impagábel e que chegan a olvidarse de sí mesmas.
Organizamos unha xornada online o sábado 2 á mañá sobre os coidados ás coidadoras

Algo que poucas veces temos presente é o coidado das coidadoras, esas persoas que día a día están realizando unha labor impagábel de coidados e que se olvidan de sí mesmas.

Mañá sábado 3 de Abril ás 11h organizamos unhas xornadas online nas que falaremos destes coidados ás coidadoras. Para anotarvos tedes que chamar ao 696475314 ou enviar un mail a [email protected]

Un faladoiro pensado para nais, avoas, persoas coidadoras en xeral e profesionais do sector onde trataremos puntos como: dereitos das persoas coidadoras, valor social dos coidados, consecuencias (a nivel social e persoal) sinais de alarma e como detectalos e, tamén, abordaremos o reto do autocoidado proporcionando ferramentas ao noso alcance. 

Nesta xornada contaremos coa presenza de Pili Carballeira (psicóloca e membro do consello local do BNG), Begoña Pardo (psicóloga) e Olalla Rodil (deputada no Parlamento Galego).

Begoña Pardo, psicóloga especializada en igualdade, dará as ferramentas para o autocoidado necesario e a deputada Olalla Rodil falará da lei de Residencias que prepara o BNG para presentar no parlamento galego e que quere ser un punto de inflexión en Galiza.

Pili Carballeira, psicóloga perinatal, será a moderadora e na súa presentación falaranos dos coidados desde o nacemento.

 
Organizamos unha xornada online o sábado 2 á mañá sobre os coidados ás coidadoras