O BNG DE NARÓN DENUNCIA O ESTADO DAS RUTAS E AUDIOGUÍA DO CONCELLO E RECLAMA UNHA SOLUCIÓN URXENTE PARA O CRUCE DE CAMIÑOS DE SANTIAGO E SAN ANDRÉS ANTE OS PERIGOS EVIDENTES PRETO DO MUÍÑO DAS ACEÑAS.

Necesidade de actuación URXENTE no camiño de Santiago ao seu paso por Narón

AF5AF16E-FFF0-4C62-9D3A-2DE3AB4FBBDF

A situación do camiño inglés e de san andrés de Teixido ao seu paso por Xuvia e o Couto en Narón atópase con escombros, sen accesibilidadade, cartelería rota, un muíño das Aceñas en estado ruinoso e co tellado caído e, ademais, con zonas sen valar con fendas en pasos e pontes “na que pode caer perfectamente desde un neno a unha persoa adulta directamente á ría desde unha altura de metros, calquer día temos unha desgraza en Narón se non o solucionamos indica Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

Necesidade de actuación URXENTE no camiño de Santiago ao seu paso por Narón

O BNG denuncia así non só o estado desta ruta na que moitos naroneses e naronesas pasean a diario se non a situación das rutas creadas con sistema de “audioguías” e anunciadas hai máis dun ano polo concello hoxe en estado moi mellorábel nas parroquias afectadas coma Doso, tamén poñen o acento na área recreativa de Pedroso. Reclaman que, de maneira inmediata, toda a contorna do río Xuvia sexa acondicionada, retirar a cartelería defectuosa por unha nova, arranxar todos os paseos de madeira levantados, limpar a contorna do muíño das aceñas, repoñer cartelería do muíño de Xuvia que xa ten aprobada a rehabilitación e valar as zonas perigosas para o paseo ante o que poida acontecer. Para isto veñen de rexistrar no concello rogos para que Tega e PSOE , na maior brevidade posíbel, tomen as medidas necesarias “pensar que temos un patrimonio valiosísimo que se cae como é ter o muíño de mareas que foi o meirande da península en moendas en estado ruinoso, unha ría contaminadísima ao seu carón na que ademais nos podemos atopar todo tipo de lixo incluído un carro da compra e que pola zona do camiño inglés haxa perigos de caídas de metros co valado de protección roto ou arrincado preocúpanos e moito, mais non só polo turismo se non especialmente polas persoas que vivimos en Narón e que temos dereito a desfrutar dos camiños de maneira segura e inclusiva. Todo nun concello con contas saneadas mais que só destina nos seus orzamentos actuais un 8% a novos investimentos, pois nós xa lle propoñemos aquí unhas cantas cousas onde investir” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. “Convidamos á prensa a facer un paseo pola contorna e ver do que estamos a falar e na que reclamamos unha solución antes de que sexa tarde. Non nos vale que o grupo de goberno faga propaganda da contorna cando o primeiro debería ser solucionar todas as eivas, desde o Muíño das Aceñas a toda a contorna que percorre o río Xuvia, presa do rei ou a área recreativa de Pedroso” continúa Marta Grandal.

O BNG denuncia esta situación e anuncia que, de non solucionarse, veranse obrigados a continuar cunha campaña de concienciación e insistir que o concello tome medidas “Non valen as palabras ou dicir que son Narón... o que nos valen son os feitos e de momento os feitos non convidan ao entusiasmo” afirman desde o BNG da localidade.

Necesidade de actuación URXENTE no camiño de Santiago ao seu paso por Narón