Meidas a ter en conta polo Concello
MEDIDAS EN SERVIZOS SOCIAIS
1. Implementar axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades dos menores e persoas desfavorecidas que sexan complementarias aos vales de comedor e paliar en parte o impacto socioeconómico do Coronavirus
2. Atención á indixencia no concello para evitar que persoas nesta situación estean en risco ou poñan en risco ao resto da poboación (As persoas sen fogar deberían poder optar nesta situación a un albergue ou similar no que poidan confinarse con seguridade e protección. Isto precisaría cordinación dos servizos sociais, voluntariado e contratar unha empresa de seguridade para posíbeis persoas conflitivas)
3. Pedir á Xunta de Galiza información continuada e contacto permanente para que o Concello coñeza a situación da residencia de maiores “DomusVi”de Narón para poder atender e xestionar posíbeis problemas e necesidades das persoas maiores que nela viven e, tamén, as persoas traballadoras(equipos de protección, medicamentos e material sanitario, alimentos)
4. Protocolo de seguimento da violencia machista no noso concello. A Xunta nesta crise pechou as entradas ás casas de acollida por seguridade e para que non haxa contaxios por COVID-19. Considerando unha medida acertada debemos salientar que, a non posibilidade de novos ingresos e nun momento de confinamento como o de agora, buscar alternativas desde a administración local e de colaboración coa Xunta faise imprescindíbel. (Ex. concreto: o concello de Pontevedra contactou e ten a disposición un hotel pechado que agora está preparado para situacións como esta). A implicación e coordinación do concello de Narón e a Xunta de Galiza para artellar respostas e que sexa posible a protección de mulleres víctimas da violencia machista ten que ser un feito.
MEDIDAS A MAIORES DO SERVIZO DE LIMPEZA
1. Recollida do lixo porta a porta baixo petición de persoas vulnerábeis
2. Protocolo de recollida de lixo a domicilio para posibles doentes positivos por Coronavirus (protocolo co Sergas e que a recollida se faga con equipas de protección pola propia policía local ou SEPIS)
MEDIDAS FISCAIS
1. Facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación (ata onde a lexislación o permita) dos impostos, recibos e taxas (Ex: imposto vehículos, taxas terrazas...) en función das situacións CONCRETAS da cidadanía e empresas de Narón. Seguindo estes criterios valorar o aprazamento da taxa de recollida do lixo comercial ás actividades pechadas , así como de todos aqueles impostos pendentes de pasar o cobro
2. Iniciar unha campaña informativa para empresas e autónomos coas medidas implementadas e as que se poidan aprobar por parte das diferentes administracións para facer fronte ao impacto social e económico do COVID-19
MEDIDAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
1. Crear un apartado específico na web municipal “CORONAVIRUS” con toda a información municipal ao respecto e enlace directo ás redes propias do concello. Na actualidade a información está a ser boa comunicativamente pero cun enlace directo sería máis sinxelo para todos os rangos da poboación.
2. Diálogo constante con entidades e asociacións de Narón para que colaboren na rede de voluntariado ou canalicen a información oficial de maneira efectiva e poidan axudar á xestión do concello
3. Información e resumo actualizado a todos os grupos municipais das medidas a tomar e recomendacións da FEGAMP