Levamos a pleno a recuperación de fontes e lavadoiros e a recuperación, posta en valor da senda da contorna do Río Xuvia

Presentamos agora en febreiro, para o seu debate en pleno, dúas mocións nas que instamos ao goberno municipal á recuperación das fontes e lavadoiros do territorio do concello e á unha senda na contorna do Río Xuvia ao seu paso por Pedroso, Doso e Xuvia que substitúa a actual. Unha senda accesíbel.

Levamos a pleno a recuperación de fontes e lavadoiros e a recuperación, posta en valor da senda da contorna do Río Xuvia

Son moitos os mananciais existentes en todo o concello e hai un bo número de fontes e lavadoiros que antes empregaba a veciñanza para lavar a roupa e tamén para recoller a auga que levaban ás casas. Estes elementos singulares da arquitectura popular atópanse esquecidos polo goberno municipal tanto na súa estrutura como na súa contorna e accesos, o estado de abandono no que se atopen impide chegar ata eles. Para nós é de relevante importante a recuperación, rehabilitación e posta en valor destas fontes e  lavadoiros polo seu significado na memoria etnográfica e na vida das mulleres, por iso instamos ao Goberno Municipal á limpeza dos accesos e viais ás mesmas, á súa recuperación e  rehabilitación e á colocación de indicadores de localización, paneis informativos, de potabilización... e tamén a reclamarlle a Augas de Galiza o saneamento dos regatos e cursos de auga que pasen ao seu carón.


Por outra banda, reclamamos melloras nas andainas e camiños que, aínda que moitas delas pertencen a rutas de sendeirismo, necesitan ser melloradas en limpeza e accesibilidade para que todas as naronesas e naroneses poidamos desfrutar delas con total seguridade. Neste sentido non se poden perder as contornas dos ríos no rural como pode ser a área recreativa de Sedes e a contorna do Río Xuvia ao seu paso polas parroquias de Pedroso, Doso e Xuvia. Isto pon en valor o rural de Narón. Para iso solicitamos a aprobación en pleno por parte da corporación municipal da creación dun proxecto, por parte do goberno municipal, que contemple unha senda ciclista na contorna do Río Xuvia perdurábel no noso Concello que se una á senda de 2,2 km que une xa Freixeiro, Piñeiros e Xuvia, e que estea adaptada para todas as persoas; a creación dunha senda ciclista nunha zona verde, e as melloras no área recreativa da contorna do local social de Sedes.

Levamos a pleno a recuperación de fontes e lavadoiros e a recuperación, posta en valor da senda da contorna do Río Xuvia