Investimentos XA e en óptimas condicións
No ano 2015 a senda fluvial ía contar, segundo o anunciado polo propio concello de Narón, con senda peoníl, carril bici e dúas áreas de esparcemento. Hoxe hai unha soa senda para compartir peóns e bicis e non se proxecta ese parque infantil.
Membros da nosa organización demos un paseo pola senda e atopámonos con desperfectos como bancos xa oxidados; pólas de árbores cortadas non retiradas nas beiras e moitos tipos de plásticos. “Cando se adxudica unha obra é importante que mentres se realice se comprobe o estado. Nós atopámonos hoxe bancos oxidados e, se na licitación anunciaban retirar especies alóctonas por autóctonas, o que vimos é as árbores e prantas de ribeira cortadas para realizar a senda tiradas na beira do río; moita suciedade e, habendo espazo ao final da senda na área de esparcimento, finalmente non se proxecta ese parque infantil nun barrio que conta con 500 vivendas e non ten unhas instalacións para nenos e nenas ao xeito” reclama a nosa candidata á alcaldía, Olaia Ledo “non imos falar xa de que a fonte instalada non bota auga porque entendemos que iso, cando se innaugure, xa estará conectado pero pensamos que o concello ten que reclamar solucións e cambiar os desperfectos antes de dar obra por entregada” incide Ledo.
Por todo isto reivindicamos ese parque infantil que se uniría a outros proxectos da área e onde hai un espazo para facelo “estamos nunha zona tranquila e iso é idóneo para ter unha zona onde os nenos e nenas poidan xogar libremente, un espazo público para todas as idades, iso é o que queremos” afirma a nosa responsábel local, Marta Grandal. O lema usado son “investimentos xa” “porque a senda precisa melloras e para o parque infantil un proxecto xa”.
O que é un verdadeiro despropósito é que atopemos así obras que aínda están por rematar e veñan a anunciarnos desde o goberno municipal un Parque Fluvial no Paseo de Xuvia (que por certo xa foi aprobado nun modificado de crédito hai dous anos e aínda non se fixo). Temos esta senda sin rematar e xa con deficiencias, Piñeiros sin un parque infantil en condicións, un Muíño de Xuvia que ía estar musealizado no mes de febreiro e aínda non se sabe para cando será, o Cuartel da Garda Civil porque non se lembraron do informe de riscos...