Indignación por non poder estar nunha reunión na que os traballadores de Serviplus solicitan estar con todos os grupos políticos

Indignación é o que sentimos no BNG porque o concello nega unha reunión con todos os grupos políticos despois de que fose solicitada por Rexistro por parte dos traballadores da concesionaria Serviplus, que están en loita para que se cumpran os seus dereitos.

Indignación por non poder estar nunha reunión na que os traballadores de Serviplus solicitan estar con todos os grupos políticos

Os traballadores e traballadoras de Serviplus pedían o xoves 26 por rexistro “unha reunión con todos os grupos políticos” para tratar o conflito que teñen coa empresa coa máxima transparencia. O asombro chegou cando o concello fixou unha reunión hoxe venres 3 de xuño ás 12:30 pero, na parte política, só coa alcaldesa e o concelleiro de deportes.

Desde a parte traballadora volveron preguntar por qué non co resto dos grupos políticos e, desde o BNG intentamos contactar coa secretaría de alcaldía sen éxito: “Non entendemos que ten que ocultar a alcaldesa nun conflito onde os traballadores vén como marcha unha empresa que lles debe moito e no que aínda non teñen a subida salarial acordada no artigo 45 do convenio. Unha subida pequena ligada ao incremento do IPC. Incluso o Consello Galego de Relacións Laborais mediou a nivel galego para que as empresas cumpriran esta subida polo que Narón está a facer deixadez de funcións. O Concello ten que cumprir con quen fai un traballo público e necesario e garantir que na nova concesión se teña en conta esta subida salarial” explica Olaia Ledo, a nosa voceira municipal.

Que hoxe non esteamos todos os grupos como así se pediu por rexistro, como así preguntamos desde o luns e como así me conta que fixo o outro partido da oposición é dunha falta democrática gravísima. Esperamos que a reunión de hoxe sexa polo menos frutífera para os traballadores e traballadoras” insiste a nosa voceira.

Indignación por non poder estar nunha reunión na que os traballadores de Serviplus solicitan estar con todos os grupos políticos