O PRIMEIRO WEBINARIO DO 2021 DO BNG DE NARÓN CONTOU CUNHA ELEVADA PARTICIPACIÓN E COS ARTÍFICES TÉCNICOS E POLÍTCOS DO MOCELO DE PONTEVEDRA

Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores

Captura de pantalla 2021-01-24 a las 16.15.02
Momento do seminario sobre modelo urbano
A receita para conseguir un Narón no que todos e todas teñamos os mesmos dereitos, servizos en canto saímos da nosa vivenda é traballo, valentía política e un deseño pensado para o benestar das persoas, independentemente da súa condicións social ou económica, independentemente da súa mobilidade ou xénero. Este sábado, a asemblea do BNG de Narón formouse para coller ideas e camiños de cara apostar e defender un Narón moito mellor do que hoxe.
Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores

En Pontevedra non mudaron de Plan xeral desde hai décadas, non lles fixo falta porque apostaron por un modelo polo que xa ninguén se atrevería a mudar. Unha cidade que, desde que o BNG entrou a gobernar alá polo 1999 medrou 15.000 habitantes. Unha cidade onde o pequeno comercio segue abrindo, onde a media de diade de vida é a maior das cidades galegas ou onde o 90 % fai a compra andando. Isto é unha parte , logo veñen os servizos de todas as aprooquias, as nenas e nenos que van sós á escola ou servizos como o de correos que é o máis eficiente do estado español porque non teñen que parar en dobre fila ou esperar que saia un coche...

Moitas cousas e moito traballo de anos, unha mellora constante e a idea de que un cidadán e cidadá vale o mesmo estea nunha parroquia das aforas e rural a un barrio do centro, todo o que precises tens que estar preto. Países de todo o mundo seguen a estudar este modelo do BNG que en 2015 a ONU galardoou co "premio - HÁBITAT", así parece un premio máis porque ademias son das cousas que non nos contan na galega pero é un premio onde se presentaron 4.500 proxectos de 196 países e que gañou Pontevedra.

Outro Narón é posíbel, concentrando o tráfico mas vías de alta capacidade (que temos) e deixando as demais para usos cercanos, de servizos , de garaxes. Facendo que cada rúas e cada espazo da nosa cidade sexa seguro, teña un lugar onde sentarse e onde xogar tamén. Non queremos parques pechando e coches circulando o redor o que queremos é unha cidade que NON te expulse se eres maior ou moi pequeno. Non queremos en cada comisión de obrar reclamar o lixo que hai que recoller, os colectores que hai que poñer, as rúas que hai que parchear, ou as ratas que hai que eliminar... outro aparto sería xa as zonas verdes e rutas de sendeirismo onde o estado é moi mellorábel... non queremos seguir así, queremos un MODELO URBANO ONDE AS PERSOAS SEXAMOS O CENTRO, QUE INTEGRE RURAL E URBANO E QUE VALGA PARA UNIR E TER TODOS OS USOS A MENOS DE DEZ MINUTOS DO NOSOS FOGAR.

Agradecer ao actual concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Xaquín Moreda e a Manuel Tato por estaren explicándonos o mellor modelo, polo menos o mello entre os 4.500 proxectos presentados de 196 países para o premio -HÁBITAT da ONU.

Seguimos #MercemosUnNarónMellor

Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores