O ERE de Gabadi no Parlamento Galego e no Congreso

O Deputado do BNG, "Mon" Fernández, a través dunha proposición non de lei instou á Xunta a poñer en marcha as medidas necesarias para impedir o ERE anunciado na empresa Gabadi de Narón. Esta proposta do BNG foi aprobada por unanimidade.
O ERE de Gabadi no Parlamento Galego e no Congreso

O ERE de Gabadi afecta a un total de 36 persoas das 169 que conforman o total da plantilla dunha empresa moi diversificada no sector naval e que presta servizos en Dinamarca, Singapur, China... realizando reparacións e construcións de gaseiros e patrulleiros, ademáis das actividades que desenvolve dentro dos astelerios da comarca.

A empresa xustifica o ERE por causas productivas e organizativas cando desde o BNG o consideramos totalmente "inxustificado" xa que a empresa, durante a negociación do ERE no que só plantexou a alternativa dos despedimentos, contratou a empresas externas para a realización dos servizos habitualmente prestados polo propio persoal o que fai indicar, di Mon, "que os despedimentos obedecen á intención da empresa para desregularizar as condicións de traballo".

Na negociación dos ERE a empresa presentou unha proposta para reducir o número de despedimentos si o persoal se descolgaba do convenio provincial do metal, o que implicaría xa de primeiras un aumento da xornada laboral anual, é dicir, pérdida de condicións e dereitos dos traballadores. Unha chantaxe e represalia de cara o persoal laboral que quere manterse dentro do seu convenio e traballar nas condicións establecidas, usadas como rescate e logo despedidas utilizando a Lei laboral do Partido Popular que o goberno actual do estado non foi quen de derogar.

Visto que isto é totalmente unha falta de vontade de acordo e de aceptar propostas por parte da empresa, o BNG rexistrou no Congreso do Deputados unhas preguntas dirixidas ao goberno e á Ministra de Traballo para saber si son coñecedores deste conflito laboral e de que xeito intercederá ou mediará a Ministra para que Gabadi renuncie á aplicación deste ERE abusivo.

O ERE de Gabadi no Parlamento Galego e no Congreso