Demandamos por parte da corporación municipal o apoio ás traballadoras e traballadores en folga do almacén de distribución do LIDL

Os concelleiros, Olaia Ledo e Geno Carballeira, e a responsábel local, Marta Grandal, reuníronse en varias ocasión co persoal en folga do almacén de distribución que a empresa LIDL ten no Río do Pozo.

 

Demandamos por parte da corporación municipal o apoio ás traballadoras e traballadores en folga do almacén de distribución do LIDL

O persoal traballador do almacén loxístico que a empresa LIDL SUPERMERCADOS SAU ten no Polígono Industrial do Río do Pozo, en Narón, leva desde o 14 de febreiro en folga indefinida, unha folga cun seguimento do 100 % nunha empresa que conta cunhas 150 persoas neste punto de distribución.

A folga está convocada por causa dos reiterados incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa, principalmente por causa da realización de xornadas extraordinarias por riba dos límites legais.

Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal, denuncia que “a dirección da empresa está a tomar medidas para fornecer de mercadoría as tendas desde outros almacéns, o que é unha conduta manifestamente vulneradora do dereito fundamental de folga do persoal”, e continúa diciendo que “mentres  tanto a empresa négase a negociar co comité de folga unha posíbel solución do conflito”.

Solicitamos mediante unha moción á corporación municipal do pleno de Narón o seu apoio ás traballadoras e traballadores e incluimos na mesma o acordo de instar á Xunta de Galiza a que exerca as súas competencias como autoridade laboral asegurando o dereito a folga dos traballadores e que se cumpla o convenio colectivo, ademáis de promover unha saída negociadora a través do Consello Galego de Relacións Laborais, sendo isto algo que xa se trasladou ao Parlamento Galego a través do deputado pola comarca, Mon Fernández.

Demandamos por parte da corporación municipal o apoio ás traballadoras e traballadores en folga do almacén de distribución do LIDL