UNHA MOCIÓN NOSA NO MES DE ABRIL FIXO QUE EN MAIO SE FAGA UN MODIFICADO DE CRÉDITO NESTE ASPECTO

O BNG consegue que o concello invirta en sinalética para persoas con TEA

En Abril iniciamos unha campaña e elaboramos unha moción para que os espazos municipais contaran con sinalética adaptada para persoas con TEA. Como se fose unha broma votaron non á moción porque xa o facían. Hoxe destapan a mentira porque agora si vai un modificado de crédito a pleno que o contempla. O BNG consegue un chanzo máis a prol da inclusión
O BNG consegue que o concello invirta en sinalética para persoas con TEA

O pasado mes de abril levamos a pleno unha moción na que instabamos ao goberno municipal de Narón a colocar nos locais públicos sinalética para as persoas con transtorno do espectro autista (TEA) para unha maior accesibilidade cognitiva. É unha prioridade que deben ter os entornos para que as persoas con diferentes necesidades de comprensión poidan utilizar e gozar dos mesmos, favorecendo así a súa capacidade de tomar decisións, a súa autonomía persoal, a participación na sociedade, a inclusión e as mesmas oportunidades que toda a veciñanza.

En Narón carecemos desta sinalización nos espazos públicos, sinalización basada en pictogramas, que son debuxos que facilitan a comprensión. 
Por isto, desde o BNG iniciamos unha campaña informativa, asesorámonos con entidades que o traballan e repartimos sinalética adaptada para incidir na súa importancia.

A moción non fora aprobada porque segundo o goberno "estabano a facer" pero a realidade é que vai a pleno agora no mes de maio con unha modificación de crédito; é dicir, non o contamplaban. O importante disto é que, unha vez máis, trala campaña e traballo do BNG avanzamos en Narón

Seguiremos con todas vós a conseguir o mellor Narón. Se o goberno non ten ideas xa llas dicimos desde o BNG porque #SOMOSASDOSI

 

O BNG consegue que o concello invirta en sinalética para persoas con TEA