Faladoiro sobre a endometriose en Xuvia
Organizamos un faladoiro que tivo lugar no local social de Xuvia, faladoiro sobre a endometriose, esa enfermidade que sufren moitas mulleres e que consiste nunha doenza inflamatoria producida pola colocación do tecido endometrial fóra do útero, e que soen tardan unha media de 8 anos en diagnosticala.
Sara Iglesias, fisioterapeuta en Fene, forma parte da asociación querENDO, asociación de ámbito galego xurdida en 2015 e formada por mulleres con endometriose; ela forma parte desta asociación desde o momento no que soubo que padecía esta enfermidade que lle impedía en moitas ocasións facer a súa vida normal, incluso acudir ao seu posto de traballo.
Sara falounos de que é a endometriose, por onde se pode extender o tecido endometrial, os síntomas, os tratamentos, quen debe atender a mulleres con endometriose... e foi quen de respostar preguntas de mulleres que estaban escoitando e que non coñecían a enfermidade e outras que si, e que incluso presentan algúns dos síntomas, pero que non foron diagnosticadas.