O BNG seguimos a reclamar o bo funcionamento da recollida do lixo
Desde o BNG de Narón levamos moito tempo reclamando, pedindo, que se corrixa o servizo de recollida do lixo, que se corrixe puntualmente pero non é suficiente. Chegan moitas queixas por parte da veciñanza de colectores que pasan días sin recoller coa penosa imaxe que iso provoca nos barrios e o cheiro, xa que ao estar cheos quedan abertos e incluso con bolsas darredor.
No barrio da Gándara, por exemplo, estanse atopando últimamente con moitas zonas onde ocorre isto, ademáis de ser aínda un barrio onde non se colocaron os novos colectores.
Unha vez máis solicitamos por rexistro información ao goberno municipal dos prazos de colocación de todos os colectores en todo o concello e pedimos que se lle esixa á empresa concesionaria da recollida do lixo que faga ben o seu traballo en forma e prazo, tal e como aparece no contrato.