PLENO ABRIL 2020, MEDIDAS PRESENTADAS E APROBADAS DO BNG
medidas presentadas e aprobadas do BNG en abril 2020
30 de Abril de 2020. Falamos de medidas sociais e fiscais necesarias para saír da crise sanitaria e afrontar da mellor maneira posíbel a crise económica que temos ás portas, e que algúns xa están a vivir: ERTES, despidos, reduccións de xornadas laborais... Lembremos que o noso país, e o noso concello dentro del, é un país moi productivo que ten moitos sectores laborais, o sector do mar (do que tamén falamos neste pasado pleno), sector agro gandeiro, tecido industrial moi variado, etc..
O Concello está a tomar medidas, moitas delas propostas polo BNG dende o inicio da pandemia, dentro das súas competencias, medidas sociais e fiscais para axudar á veciñanza; pero tamén anuncia outras que quedan moi ben na portada do xornal, pero que non son competencia do Concello, se nón do Goberno da Xunta, e que son un parche que non vai axudar a que os negocios teñan que pechar as súas portas.
Qué queremos recuperar no noso Concello? A quen debemos axudar?
A prioridade do BNG de Narón, de ahí as medidas que presentamos no Concello, son todas as veciñas e veciños do mesmo, non só os autónomos e as pemes do mesmo. Agora mesmo sabemos que é momento de traballar conxuntamente, de elaborar medidas e de ser conscientes que estamos vivindo unha realidade cambiante e descoñecida na que é moi doado errar, e que ao mellor incluso é preciso errar que acertar á primeira. Como ben dixo a nosa concelleira Olaia Ledo no Pleno "tendes a nosa man tendida para o que se precise, para sumar, para aportar, para que Narón saia desta crise da mellor maneira posíbel".
No Pleno do 30 de abril presentamos unha serie de medidas para paliar a crise da mellor maneira posíbel, das cales moitas foron incorporadas xa dalgún xeito e outras considerámolas aínda necesarias, situacións excepcionais precisan boas solucións. É momento de seguir traballando pensando no conxunto da poboación, non só nunha parte. Narón é un concello urbano e rural, un concello que vai precisar solucións moi diversas no ámbito social, no económico, axudas psicolóxicas, no ámbito da violencia de xénero...
O Goberno Municipal presentou estes días o proxecto "Narón Impulsa", un proxecto de axudas destinadas a autónomos ou pemes de Narón, dende o noso punto de vista un parche, unha cantidade de diñeiro que axudará a pagar tasas ou impostos pero que non van facer que un negocio perdure no tempo e non se vexa obrigado a pechar posteriormente. Máis adiante ímonos atopar con estes mesmos problemas e deberiamos de ter a posibilidade de darlles solución, polo menos a mesma solución que se lles vai dar a día de hoxe e temos que pensar se imos poder facelo, xa que non é competencia das administración municipais atender estas demandas, se nón do Goberno da Xunta, que é quen pode decidir a suspensión de pagos á seguridade social ou de impostos trimestrais, impostos de sociedade, IVE, etc...
Dende a administración pública deberiamos pensar máis en facer un mapeo do concello para ver qué xente se atopa en situacións vulnerábeis, informar á xente que temos servizo de comedor social nas Vivendas da Mariña, que se reparten cheques a familias que se atopen nunha precaria situación económica, preocuparnos da nosa veciñanza para saber quen precisa axuda de calquer tipo, xa que temos o SPEIS e moita xente voluntaria para realizar labores de axuda, xente contaxiada que vive sola e non ten quen mire deles, etc... Seguro que hai moita xente en situación precaria por mór das súas condicións sociais ou económicas que está a vivir nesta situación de crise e que non ten información de todas as axudas que o concello lle pode procurar.
Falando do sector do mar, que afecta á nosa ría, lembrámonos tamén dos percebeiros do Val. Están pagando as cotas da seguridade social, os impostos, e xa hai uns meses acompañábamos as cofradías porque reclamaban solucións para a súa situación, imaxinemos cómo se atopan agora. Olaia Ledo comenzou falándonos dunha mariscadora da ría do Burgo, Teresa Ramiro, que nun video dun minuto explicaba a súa situación de confinamento. Unha saída para eles e unha moi boa época do ano é esta na que estamos, con moitas vodas e comunións, pero os seus compradores están confinados coma ela e coma todas as súas compañeiras e compañeiros, o sector da hostalería está pechado, non teñen compradores pero sí teñen que seguir pagando. Unha economía xa debilitada que non sabe qué futuro lle espera. Como ben resumíu Olaia "estanlles obrigando a traballar e pagar as súas cotas sin que o seu produto teña saída, e aínda peor, a que se xoguen a vida por non ter protección axeitada para a pandemia na que vivimos. A Xunta é a que ten competencias para poder parar isto, por iso dende o BNG, neste caso apoiados tamén polos outros grupos políticos, pedimos que se pare para que dende este sector poidan optar ás axudas da UE.
Lembremos todos os sectores do noso Concello, hoxe falamos do mar pero podiamos falar do sector agro gandeiro, do tecido industrial, e da atención ás pequenas empresas que ten que prestar a Xunta, que é a súa competencia e non da Administración Municipal. Pidámoslle ao Goberno da Xunta que non se esqueza dos sectores productivos do noso país.