Parabéns á comunidade educativa porque o transporte público á escola de Sedes xa está funcionando

376291032_6426933338350_5470699508136106102_n

Presentamos ao pleno de setembro unha moción, á que se uniron todos os grupos da oposición de Narón, para que fose recuperado o convenio de taxis que se usaban como transporte público á escola rural de Sedes. A decisión unilateral do concello a tres días do inicio do curso colleu por sorpresa á comunidade educativa, aos taxis que prestaban o servizo e a veciñanza da parroquia.

Parabéns á comunidade educativa porque o transporte público á escola de Sedes xa está funcionando

Co cambio de decisión e a recuperación do servizo para este curso “só podemos parabenizar ás persoas usuarias. O CRA de Narón é único e ten outras demandas que satisfacer tamén coa Xunta, como que no Val dean todo o ciclo de primaria. Desde o BNG sempre defenderemos un ensino público de calidade” declara Olaia Ledo, a nosa voceira. Isto fixo que en comisión fose reformulado o acordo inicial da moción e, onde se reclamaba que se recuperase o servizo no curso 2022/2023 foi modificado por “manter o servizo de taxis como transporte que propicia a conciliación na escola rural de Sedes sempre e mentras a escola estea aberta cada curso”.

 “A política municipal ten que valer para manter servizos públicos, consideramos moi positivo que se dera marcha atrás no recorte dun dereito dos nenos e nenas a ter un transporte á súa escola de referencia. As escolas no rural cumpren unha dobre función: dar servizos á veciñanza e permitir ás crianzas manter o vínculo coa súa contorna” declara Ledo, a nosa portavoz municipal.

Parabéns á comunidade educativa porque o transporte público á escola de Sedes xa está funcionando