O Area Recreativa do Muíño de Pedroso atópase nun lamentábel estado de conservación
O Área Recreativa do Muíño de Pedroso atópase nun estado de abandono que representa unha grave perigosidade para as usuarias e os usuarios. As táboas das pontes están soltas e algunhas delas rotas, nas mesas ocorre o mesmo, o cenador que se atopa ao pé do parque de xogos infantil xa está pechado cunha cinta plástica avisando do perigo que supón estar dentro del, o parque non está en óptimas condicións de uso para as crianzas, os taboleiros informativos non se len...
Desde o BNG reclamamos en máis dunha ocasión o arranxo deste área e o mantemento da mesma para o uso e disfrute da veciñanza sin que represente ningún perigo, e vimos de rexistrar de novo a petición do mesmo. "O abandono que presenta este área recreativa do noso concello ben provocado pola deixadez do goberno municipal, é incríble que a estas alturas do verán, en pleno mes de xullo, nos atopemos con todo isto e cuns baños públicos pechados", indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.