Aprobada por unanimidade a NOSA moción para retransmitir os plenos por "streaming"

20230727_092520
No pleno ordinario celebrado o xoves 27 de xullo aprobouse por unanimidade a moción do BNG instando ao goberno municipal á retransmisión dos plenos en directo vía streaming.
Aprobada por unanimidade a NOSA moción para retransmitir os plenos por "streaming"

O xoves 27 de xullo celebrouse o primeiro pleno ordinario desta nova lexislatura, onde foi aprobada por unanimidade a moción presentada polo BNG (por terceira vez, dúas delas na lexislatura anterior sen saír adiante) na que instamos ao goberno municipal a retransmitir en directo vía streaming a totalidade dos plenos municipais para promover o seu caracter público, subir estes plenos á plafaforma youtube e colgar o enlace na web municipal.

O pleno municipal é o órgano de máxima representación política da veciñanza dun concello. Está formado pola Alcadelsa (no caso de Narón) e o conxunto de conceleliras e concelleiros elixidos pola veciñanza mediante votación.

A través destes plenos representamos ao pobo de Narón e o que defendemos, falamos, aprobamos ou non en nome das veciñas e veciñoas, polo que que esta información chegue ao maior número de persoas ou facilitar que poidan acceder ao que alí se dí é un exercicio democrático.

"Se os plenos son públicos (cousa á que obriga a lei) non pode ser que na oitava cidade galega só piodan acceder a eles en directo as veciñas e vecños se é presencialmente na bancada do público porque é excluír a persoas que por diversas causas non poidan achegarse até o concello." incida a nosa portavoz, Olaia Ledo. "Poder facer streaming dos plenos é necesario e aporta democracia, modernidade e un exemplo de que Narón aposta polo futuro."

Aprobada por unanimidade a NOSA moción para retransmitir os plenos por "streaming"