Piñeiros
UNKNOWN
fullsizeoutput_3878

O BNG apoia ás familia de Piñeiros ante a citación mañá, venres 15 de setembro, no xulgado para xustificar que viven nas súas vivendas

A finais de novembro do 2021 varias familias, que viven en réxime de alugueiro nun bloque de vivendas na praza do Asilo en Narón, foron informadas que os seus pisos pertencía á SAREB e que se procedía ás dilixencias de desafiuzamento. A sorpresa foi maiúscula e comezou daquela unha loita onde o BNG apoiounas sempre de maneira pública e a través de propostas no parlamento galego, congreso dos deputados e no pleno do concello de Narón. 
Ler novas
Novas
factura luz

O BNG organiza o xoves 8 de Novembro unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

O BNG organiza mañá unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

 

Narón, 7 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Narón organizamañá xoves ás 20:00 horasunha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros. A cuestión enerxética é un dos eixos da actuación política da organización nacionalista e por iso está a desenvolver actos por todo o país para explicar os beneficios que tería para a poboación e para as empresas galegas a implementación dunha tarifa eléctrica propia coa que loitar contra un fenómeno preocupante como é o da pobreza enerxética e tamén contra a perda de competitividade polos altos custos da factura eléctrica. 

Presentado polo responsábel local do BNG de Narón, Ánxel Rial, no acto intervirán a deputada no Parlamento galego e portavoz de Industria, Noa Presas, e o responsábel de Enerxía da CIG, Fernando Branco

A celebración desta charla coincide cunha serie de novas prexudiciais para os intereses da cidadanía galega; en primeiro lugar, a suba na factura eléctrica xa anunciada polo Goberno e, en segundo termo, o grave conflito que está a vivir o  plantel de traballadoras e traballadores de Alcoa. 

O BNG leva anos propondo mudanzas no sector enerxético. A semana pasada, o grupo parlamentar presentou unha Proposición de lei destinada ao abaratamento do recibo da  luz para persoas usuarias e empresas e a consolidar o emprego. Nela lémbrase que a factura da luz é “unha estafa colectiva” malia vivirmos nun país que produce moita electricidade, máis da que consumimos. Os últimos datos elevan ao 33% a cantidade de electricidade xerada que se transporta cara a outras zonas do Estado, nomeadamente Madrid. A proposta do BNG contempla a rebaixa do complemento do IVE do 25% ao 4%. 

A Proposición de Lei do BNG nace con tres obxectivos: “abaratar o recibo da luz porque dous terzos da factura dependen de decisións políticas dos parlamentos e gobernos, un novo marco na produción eléctrica que compense a Galiza polos custes sociais e ambientais na produción enerxética, e unha tarifa industrial para as empresas electrointensivas para garantir emprego”. 

A organización nacionalista propón “unha tarifa eléctrica galega coa rebaixa das peaxes como  compensación polos custes sociais e ambientais de ser un país produtor de enerxía”.  Ademais, segundo manifestou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Euskadi posúe unha tarifa eléctrica que permite ás empresas alí radicadas aforrar 120 millóns de euros e, polo tanto, seren máis competitivas”. 

Ler novas