Solicitamos, unha vez máis, que se reforce o número de colectores

Unha vez máis solicitámoslles ao goberno de Narón que aumente o número de contenedores claramente induficientes
Solicitamos, unha vez máis, que se reforce o número de colectores

Vimos de participar nas comisións previas ao Pleno do mes de xaneiro, primeiro pleno do ano 2021, que se celebrará a vindeira semana. A respecto da comisión de obras estamos satisfeitas e satisfeitos: conseguimos que se aumenten o número de colectores na zona urbana e arranxáronse obras ou comeza o seu arranxo que levamos reclamando meses. Falta, iso sí e coma case sempre, atender isto no rural.

Na Comisión de Obras preguntamos por diferentes temas, entre eles o afundimento do firme da Avenida de Santa Icía, pertencente á rede viaria da Deputación, que xa leva meses no mesmo estado provocando un burato que se tivo que sinalizar cunha valla plástica para que non houbera accidentes. Este afundimento atópase no medio e medio dun dos carrís, polo que só está a funcionar un dos carrís da avenida  o que conleva lentitude no tráfico. Isto non é novo. Xa o preguntamos nos plenos de novembro e decembro e a resposta foi a mesma: isto é da deputación... e Nós preguntamos : pero se o PSOE está no goberno de Narón e no da deputación?! Para isto vale o concello de Narón? Para pasar a bola sempre a outra administración?!

Outro dos temas que trasladamos ao goberno, e que xa hai uns 10 meses que o levamos tamén a comisión, foi o dos problemas que temos en distintos barrios, nomeadamente a zona do Alto, Xuvia, A solaina e a Gándara pola escasez de colectores. No tempo do confinamento, xeramos moito máis lixo nas zonas residenciais pero agora tamén se está a notar comezando a ser un problema grave e agora, con temporais do inverno, o lixo anda polas rúas e garaxes. A resposta sempre foi a mesma: cando muden o contrato do lixo. E como iso nunca sucedera seguíamos nas mesmas. Tamén preguntamos pola zona rural e que os colectores sexan amarrados ou preparando unha cobertor de madeira e unha zona onde colocalos que non saian rodando polas estradas.

Ben, hai unha parte POR FIN conseguida! aumentaron o número de colectores verdes nas rúas e a cuadrilla dos domingos busca os lugares onde se poden dar os desperfectos. Mudou a situación e temos novo contrato do lixo? Non, pero agora na última adxudicación recaeu na mesma empresa que o está a levar agora... as conclusións deixámosvolas a vós.

 

 

 

Solicitamos, unha vez máis, que se reforce o número de colectores