Servizos sociais eficientes?
Esta semana atopámonos co terríbel suceso da Rúa Cerrallón, onde se atopou na súa vivienda unha muller que levaba semanas morta e á cal xa lle faltaban partes do seu corpo que foron roídas polos seus propios cans. Esta muller xa sufrira, no ano 2016, un incendio na súa vivenda que se producira nunha morea de lixo que tiña acumulada e seguro prendeu ela mesma para poder quentarse do frío. A prensa dí que as veciñas da muller sabían que sufría Síndrome de Diógenes (transtorno psicolóxico que leva á acumulación de lixo) e Síndrome de Noé (transtorno psicolóxico que leva á acumulación de animais no domicilio, preferiblemente cans ou gatos), e que isto tamén o sabían os Servizos Sociais do Concello. Qué seguimento fixeron dende os Servizos Sociais do Concello do caso desta muller? Dende a nosa perspectiva parece que cáseque nulo en vista de que cando apareceu levaba semanas morta e foi por un aviso da veciñanza.
Casos coma este haberá moitos máis, coma un home que vive no seu coche na rúa Pintor Máximo Ramos dende hai meses, tapando os cristais nestes días de auga e frío con plásticos e cartóns; ou o que vive no antigo refuxio dos pescadores na Presa do Rei, nunhas condicións lamentábeis.
Os Servizos Sociais do Concello son os que teñen que ser coñecedores de todos estes casos e facer un seguimento dos mesmos, por iso na Comisión do Social preguntamos por estes en concreto e por todos en xeral, para saber si hai algún listado das persoas que vivan soas e precisen axuda por enfermidade, por vivir situacións de vulnerabilidade, por atoparse en situacións de exclusión social, etc...
Entendemos que non deben saír á luz os datos desta xente pero queremos saber qué protocolos segue o concello e qué solucións vai tomar para que cada vez nos atopemos con menos veciñas e veciños nesta situación.