DESPOIS DE FACER UNHA BATERÍA DE PROPOSTAS E PRESENTAR O NOSO PROXECTO INTEGRAL DE MOBILIDADE PARA O CONCELLO , VOLVEMOS PARTICIPAR DESPOIS DE LER O PRIMEIRO BORRADO DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTÍBEL DO CONCELLO DE NARÓN
Propostas para o borrador do PMUS presentado polo concello
A nosa primeira proposta é obvia: o PMUS esquécese de incluír as zonas periurbanas e rurais no plan e a mobilidade e para o BNG non se pode entender un plan de mobilidade e sostíbel no que se priorice o espazo público para as persoas excluíndo parte da poboación de Narón. Comprobamos como no texto por encargo do goberno municipal de Narón as parroquias non aparecen no PMUS. Consideramos que unha parte tan extensa do territorio é esquecida moitas veces debe ser integrada no plan: hoxe xa son as zonas máis ailladas, con menos servizos e mobilidade máis precaria e, ademais, cunha media de idade máis avanzada que precisa medidas específicas. Para que o lema do concello das "persoas primeiro" sexa unha realidade e non só un slogan, para termos un Narón de todos e todas todo o concello ten que ser atendido en igualdade de condicións. Para isto, volvemo propoñer as nosas propostas que xa incluíramos no proceso de participación do PMUS hai uns meses:
https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7231
Unha medida moi necesaria é que o concello financie transporte comunitario conveniando con taxis de Narón para que as persoas do rural poidan acceder ao centro de saúde e barrios con servizos administrativos, bancos, etc. Ademais, as contornas do rural deben ser seguras. Hoxe por desgraza, a falta de acordos con outras administracións fan que estradas como as do Feal, San Xiao, estrada a Valdoviño sexan un perigo para os veciños e veciñas.
Poñemos unhas imaxes como exemplos de patrimonio e rutas a mellorar, así como de reunións mantidas pola comisión do bng para consensuar propostas porque, as nosas parroquias, teñen que ser lugares de convivencia onde o concello invista en actividades que promovan a vida veciñal. As asociacións do rural son activas e moitas veces suplen a falta de servizos que ofrece o concello e, ademais, son organizadoras de acitividades, festas, etc. O noso rural está cheo de potencialidades e ten que ser un reclamo para todas as veciñas e veciños do concello, que vexan no noso rural un lugar para estar e tamén gozar, para encher de vida mais, para iso, é preciso que se catalogue e manteña o patrimonio material e inmaterial, investir en mantemento nas áreas recreativas, descanso e manter rutas de sendeirismo e ocio seguras todo o ano. Hoxe o concello ten un problema de mantemento claro e de accesibilidade na meirande parte destas contornas.
A segunda ten que incluír diversificación de servizos. A cidade dos 15 minutos (dos dez minutos incluso en Narón se se fan ben as cousas) pode ser unha realidade. Isto significa que cunha boa planificación os barrios de Narón poden ofrecer aos veciños servizos que andando estean a dez miutos máximo e que non teñamos necesidade de ter que usar o coche para todo (como agora si fai falla en Narón) . Temos que crear contornas seguras para tal fin e, gañar así, saúde e benestar para todos e todas. Isto non acontece cun barrio concreto e a que foi sede municipal. Xuvia queda afastada do resto do centro urbano polo que a cidade dos 15 min ten que ser con dotación de servizos no que é o noso centro histórico. Para isto o concello debe ter unha oficina administrativa no barrio e que valga para conectar parroquias que teñen unha conexión natural con Xuvia: San Xiao, Doso, Pedroso, Sedes... e facer que "a cidade dos 15 minutos" que se promove como acaída pola ONU (organización das Nación Unidas) sexa unha realidade para TODO Narón. Ademais Freixeiro e Piñeiros serían barrios que sairían beneficiados de contar co centro administrativo no Alto e tamén en Xuvia. Todas e todos os veciños gañariamos.
Tamén é preciso que se atenda as necesidades específicas do Val, San Mateo de Trasancos e Castro para conectarse coa zona urbana de maneira axeitada tanto para os barrios do Alto (centro administrativo de Narón) como a Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, Freixeiro, Piñeiros, Xuvia e resto de parroquias. Unha medida que compre xa é dotar de uso e servizo o antigo centro de saúde de Narón. Situado nunha zona privilexiada e que valga para dar servizos non só asociativos se non tamén como conexión coa biblioteca municipal e lugar de ocio da mocidade.
Así, No plan de mobilidade proposto polo equipo redactor tratan adentrar a Narón nas boas prácticas das que nos afastamos durante décadas. Para o BNG, formar parte das "cidades que camiñan" era unha das nosas propostas claves no proceso de participación anterior. A aprobación dunha moción do BNG (link: https://cutt.ly/rXa7ezi )fixo que isto hoxe sexa unha realidade o que nos permite aprender das mellores propostas e cidades dunha entidade que promoveu (no seu inicio) o concello de Pontevedra (o alcalde de Pontevedra Lores é o presidente de cidades que camiñan) e que agrupa difentes municipios de toda a Península, con exemplos galegos dos que aprender moito para Narón como Carballo (link: https://cutt.ly/lXa72pG ) . Isto levou a contar cos primeiros "metro-minutos" do concello que se fixeron entre educación viaria e os colexios que esperamos os mellores dos éxitos. Os metro - minutos tamén é unha reclamación continuada nosa nesta lexislatura e que estamos a un paso de conseguir na súa totalidade.
A terceira é reclamar a titularidade da Estrada de Castela. A Xunta xa ten anunciado en diversas ocasións que está disposta a pasar a titularidade da Estrada de Castela oa concello. Iso implicaría poder actuar nunha rúa que, no noso concello, conta con mil números e, ademais, vertebra a nosa cidade. O concello ten que facerse responsábel desta estrada e poder facela accesíbel, poñer maruesinas que non impidan pasar polas beirarrúas e crear un espazo público inclusivos que valga para promover o comercio de barrio, un transporte que cohesione e un espazo en definitiva seguro para as persoas. Ademais, atendendo ao PMUS que se propón no proceso é necesario que esta rúa en Narçón pase a ser de titularidade municipal para poder desenvolvelo. Facernos responsábies como concello e valentes para iniciar a transformación necesaria para Narón fará que vivamos nunha contorna onde ninguén queira marchar.
No pleno de Xuño fixemos unha moción para o seu debate ao pleno que tanto TeGa coma PSOE votaron en contra. Na estrada de Castela ao paso polo noso municipio danse o maior número de sucesos, estamos faltas de pasos de peóns e prioridade peonil en moitos puntos. Algúns claves como na rotonda do Ponteo ou diante do concello de Narón. Esperamos que este plan de mobilidade non quede en papel mollado e o concello faga este traballo e, tal e como lle dixeron persoas experas que acudiron ao congreso de mobilidade de Narón: "se queren solucionar o problema da estrada de castela collan a titularidade da rúa tal e como lla dean, se non non poderán avanzar"
Mellorar Narón e traballo de todos e todas. Nós humildemente propoñemos e esforzámonos para dotar de ideas. Facémolo con xenerosidade e coa esperanza de mllorar a mobilidade de Narón. Un concello para vivir pero tamén ten que ser para gozar, para xogar, para falar , para pasear, para facer deporte de rúa, para sentir. Un Narón de servizos e onde o espazo público sexa un lugar de convivencia. Un concello onde ninguén morra por atropello, un concello onde ninguén quede na casa por non poder acceder aos servizos básicos. Un concello que en 15 minutos teñamos todo ao noso alcance.
A cuarta. Ter un trasporte público en condicións. No BNG entendemos o espazo público como un ben de primeira necesidade onde todos e todas debemos poder acceder a el nas mesmas condicións independentemente da nosa razón social, idade ou xénero. A análise e diagnóstico do PMUS deixa claro que en Narón fica moito por facer neste aspecto: a zona urbana destina o 90% do espazo público única e exclusivamente a coches o que dificulta que todas as persoas poidan gozar da rúa nas mesmas condicións xa que se prioriza o uso do espazo liñal do coche o traballo cando os coidados, a vida diaria, o ocio ten que ter cabida na nosa cidade fora de recintos pechados ou onde a única alternativa sexa pagando eses servizos.
Por todo isto hai que estudar e incluír propostas para un transporte público nas mellores condicións. Priorizar circulares de autobuses entre polígonos, centros estudantís, taxis comunitarios para o rural e un Feve con apeadoiros en condicións e integrados na mobilidade urbana. O concello ten que implicarse e non só botar balóns fora neste aspecto: incidir, chegar a acordos con outras administracións, investir e, no plan de mobilidade, atender estas necesidades. Ademais, nos fondos EDUSI, faise fincapé neste aspecto. As nosas propostas:
- Incluír a volta da ría (Fene, Neda, Narón e Ferrol) como un continuo urbano. Hoxe, no PMUS priorízase única e exclusivamente Ferrol. Para iso ten que conectarse de maneira peonil con fondos europeos, carrís bici e un trasporte público en condicións.
- Transporte público que conecte o barrio da Solaina e a Gándara coa veciña Ferrol
- Circulares que acheguen aos polígonos cun horario acaído para as actividades laborais e tamén centros de formación e asesoramento laboral.
- Esixir seguridade en todas as estradas sexa de quen sexa a competencia.
Achegamos imaxes que inclúen un mapa de estradas da ría cos concellos de Narón, Fene, Neda e Ferrol, estradas en parroquias pouco seguras e exemplos de modelo de transporte. Ademais lembramos as nosas propostas neste proceso, algunhas incluídas que seguimos a considerar necesarias:
A nosa idea nº4: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7260
A nosa idea nº7: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7273
A nosa idea nº 3 A: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/724
A nosa idea nº3 B: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7248