O BNG vota en contra da proposta para os orzamentos da Xunta do goberno de Narón por considerar que chega tarde e que lle falta ambición
O BNG de Narón presentou a semana pasada, a través do grupo parlamentar do Bloque nacionalista galego, emendas aos orzamentos da Xunta onde reclamamos para Narón unha residencia de maiores pública, que as escolas infantís municipais pasen á rede galega da Xunta “Galiña Azul”, psicoloxía clínica no novo centro de saúde de Narón e investimentos nas nosas infraestruturas entre moitas outras cousas. A sorpresa do BNG é que o goberno presentara como moción urxente as propostas que son unha calco das xa rexistradas no parlamento galego polo BNG agás en pedir que sexa pública a residencia de maiores “unha vez máis este goberno chega tarde e pon como urxente algo que debería de terse debatido nas comisións e poder aportar e sumar. O traballo non se fixo e agora preocúpalles o que poida pensar a cidadanía. Nós dicímoslle ás veciñas e veciños de Narón que non se preocupen, que o bloque xa as presentou en tempo e prazo no parlamento galego”, indica Ledo, voceira municipal do BNG. Indican no BNG que se quixeran que esta moción fose participativa debería o goberno tela presentada en comisións ou xunta de portavoces para chegar a acordos. Desde logo que a vía da moción urxente sexa unha norma no goberno de Narón significa non pensar nas necesidades da veciñanza no periodo interplenar. Non entendemos isto xa que , por exemplo , hoxe mesmo tiñan convocada unha xunta de goberno co único punto de aprobación da acta anterior. Narón precisa persoas responsábeis e capaces que queira construír unha cidade mellor e non botar balóns fora a outras administracións.