O BNG de Narón solicita a limpeza do Río Grande de Xuvia
O Río Grande de Xuvia percorre varias parroquias do Concello de Narón ata chegar á Ría, sendo o principal río deste Concello. Facendo un percorrido pola súa canle vemos cómo as árbores das beiras están a invadilo en moitos tramos o que provoca que moitas delas vaian a parar ao seu leito, e incluso ás veces mesmo algún tronco dalgunha árbore caída.
Desde o BNG vimos de solicitarlle ao Concello, xa que por ser a administración máis próxima á cidadanía é quen ten a obriga de facelo, que lle reclame a Augas de Galiza a retirada destes troncos, sendo prioritaria a actuación na ponte que pasa por riba do río entre as parroquias de Doso e Pedroso xa que hai troncos facendo forza contra os pilares da ponte que poden chegar a danar a súa estrutura. Ademáis disto é necesario que se faga unha limpeza pola beira do río para cortar esas ramas que están por riba antes de que caian no mesmo.