O BNG de Narón reúnese coas convocantes da folga no centro loxístico de LIDL situado en Río do Pozo

A nosa portavoz municipal, Olaia Ledo, estivo esta mañá xunto con Marta Grandal, responsábel local da formación, na concentración que manteñen as persoas traballadoras do centro loxístico de LIDL en folga dende as 12 da noite.
O BNG de Narón reúnese coas convocantes da folga no centro loxístico de LIDL situado en Río do Pozo

Ás 12 da noite do día hoxe comenzaron a folga as compañeiras e compañeiros do único centro loxístico de LIDL no noroeste peninsular, que se atopa no Río do Pozo, despois de tratar de reunirse coa xerencia da empresa (varias veces, non unha soa) para poder negociar un convenio exclusivo para estes centros que non roce a precariedade, coma o que teñen a día de hoxe, que ademáis é conxunto cos das tendas. Alí estiveron Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal, e Marta Grandal a responsábel local, para ofrecerlles o noso apoio e desexarlles sorte na súa loita.

A folga está a ser secundada por case o 100% da plantilla e continuará durante o día de mañá. A xornada, convocada pola CIG servizos, de momento estase a desenvolver con tranquilidade e as persoas traballadoras esperan mellorar as súas condicións laborais e non rexirse por un convenio alleo á súa realidade. “non é xusto que un convenio asinado en Madrid teña que ser a única folla de ruta. Un convenio pensado para persoas traballadoras en tendas e non nun centro loxístico coma o de Galiza, desde o BNG de Narón somos conscientes de que a sorte das que hoxe están en folga é tamén a sorte de todos e todas. Vivimos unha crise sen precedentes e de nós depende de que saiamos  mellor e por iso hoxe estamos aquí, para darlles azos e desexarlles sorte” declara Ledo.

 
 
 
O BNG de Narón reúnese coas convocantes da folga no centro loxístico de LIDL situado en Río do Pozo