Presentamos unha moción ao pleno polo incremento dos abusos bancarios e deterioro dos servizos financieiros en Narón

O proceso de concentración bancario, destrución e precarización do emprego no sector, e o empeoramento dos servizos e das condicións para particulares, pequenas e medianas empresas ben desde as medidas impulsadas no ámbito español polos gobernos do PP e do PSOE na crise do 2008. Un proceso sostido no tempo e que vimos agravado o pasado ano coa excusa da pandemia do COVID-19.
Presentamos unha moción ao pleno polo incremento dos abusos bancarios e deterioro dos servizos financieiros en Narón

Nos últimos anos vimos como se agravaba o proceso de concentración e centralización bancaria, con graves consecuencias para Galiza. A perda do músculo financiero de Galiza é un dos principais problemas do noso país, con graves consecuencias no tecido económico e produtivo. Todo isto debido á privatización e bancarización das antigas caixas de aforros e unha progresiva perda  de galeguidade do sector financieiro.

Desde o BNG apostamos polo impulso á banca pública galega adoptando as medidas necesarias para que o aforro galego reverta en crédito e investimento no noso país.

Galiza ten hoxe uns índices de concentración superiores á media estatal europea e as entidades aproveitan isto para pactar condicións e reducir o número de oficinas ao tempo que empeoran as condicións, buscando o beneficio económico a costa das persoas consumidoras e das e dos traballadores Neste último ano vimos como cambiaban as condicións bancarias impoñéndonos incluso horarios de atención presencial, realización de operacións a través da rede incluso a persoas maiores para as cales resulta imposible, comisións abusivas en moitas entidades, peche de oficinas que obrigan á concentración noutras que acaban tendo enormes colas na rúa que non se explican, debido aos límites de aforo...

Por todo isto este mes levamos a Pleno unha moción na que solicitamos do Goberno do Estado que desenvolva as mudanzas oportunas para poñer freo a esta situación de concentración e abusos bancarios. Ao mesmo tempo instamos á Xunta de Galiza a realizar competencias exclusivas en materia de consumo para manter informados aos usuarios dos seus dereitos e facer campañas de reclamacións bancarias, e solicitamos o apoio as e os traballadores das entidades bancarias en defensa dos seus postos de traballo por parte dos grupos municipais do Concello.

 

unnamed

Presentamos unha moción ao pleno polo incremento dos abusos bancarios e deterioro dos servizos financieiros en Narón