O BNG de Narón e Ferrol esixen que Augas de Galiza xestione a depuradora

Olaia Ledo e Iván Rivas, portavoces municipais do BNG de Narón e Ferrol, compareceron esta mañá en rolda de prensa para esixir que Augas de Galicia asuma a xestión da Estación Depuradora, por ser esta unha infraestrutura que é de titularidade autonómica. 

O BNG de Narón e Ferrol esixen que Augas de Galiza xestione a depuradora

Olaia Ledo e Iván Rivas, portavoces municipais do BNG en Narón e Ferrol, compareceron esta mañá en rolda de prensa para esixir que Augas de Galicia asuma a xestión da Estación Depuradora, por ser esta unha infraestrutura que é de titularidade autonómica. Pediron que o concello de Ferrol entregue a depuradora a Augas de Galicia para que se  faga cargo da mesma que a partir deste feito analicemos cales son os custes da súa xestión. Así mesmo que dunha vez por todas esixamos á Administración estatal que asuma os custes da execución das obras dos interceptores que iniciemos o camiño para transformar a rede de saneamento en separativa.

A nosa portavoz municipal, Olaia Ledo, lembrou que en Narón estamos pagando unha taxa por unhas obras que tiña que financiar o Estado e que cos intereses ascenden a uns 16 millóns de euros. Esta situación é produto dun acordo aprobado en pleno, no seu día, cos votos de TEGA e do PP.

Así mesmo indicou que as liquidacións que se lle reclaman a Narón desde o concello de Ferrol, o cal actúa máis como cobrador do frac de EMAFESA que como defensor dos propios intereses da súa veciñanza, son considerados en Narón abusivos porque elevarían os custes que segundo os nosos cálculos non son así.

Olaia Ledo afirma tamén que nas negociacións que están a manter estes días coa Xunta de Galiza, ambos concellos teñen a oportunidade de esixir que Augas de Galiza se faga cargo dos custes de algo tan importante para a veciñanza de ambos concellos e por outra parte de esixir que unha obra declarada de interese xeral tería que facerse cargo o estado e agora pagámolo todos e todas a veciñas.

Aquí estamos o BNG de Narón e Ferrol dacordo en algo que nos gustaría que os dous gobernos fóran quen de poñerse dacordo. Consideramos que ten que xestionalo Augas de Galiza pola súa importancia e cos 16 millóns que estamos pagando os veciños e veciñas de Narón por esas obras daría para cubrir todo o saneamento do noso concello, cousa que a día de hoxe non acontece.

Iván Rivas, portavoz do BNG de Ferrol, sinalou que tanto a semana pasada como no día de onte Augas de Galiza mantivo sendas reunións co alcalde de Ferrol e coa alcaldesa de Narón para analizar a futura xestión do sistema de saneamento destes concellos. É por isto que Rivas se amosou sorprendido da nula exposición publica sobre cales son os obxectivos que por parte do alcalde de Ferrol se defenden para o futuro desta infraestrutura.

Iván Rivas indicou que o vindeiro 31 de decembro remata, novamente, o convenio que existe entre Augas de Galicia e o concello de Ferrol para xestionar unha depuradora que presta servizo ao concello de Ferrol e ao concello de Narón.

Logo da experiencia de máis de 7 anos desde que o PP decidira que Ferrol asumira a xestión desta infraestrutura podemos sacar varias conclusións que non son excesivamente boas. Entre as que cumpre sinalar que a veciñanza de Ferrol está a pagar o 100% dos custes de explotación dunha infraestrutura que da servizo a dous concellos.

Lembrou que se imputou a veciñanza de Ferrol os custes de reparación, mantemento e conservación dunha depuradora que se nos entregou sen que puidera comezar a funcionar, ademais de sinalar que son os veciños e veciñas de Ferrol e Narón os que están a pagar as obras e os atrasos na execución dos interceptores xerais, unhas obras declaradas de interese xeral en 1997, que deberían ter sido asumidas polo Estado os custes do seu mantemento e conservación. Todo isto acontece desde o ano 2014 e os diferentes gobernos de todos estes anos o único que fixeron foi manter a mesma situación de discriminación.

Ivan Rivas lembrou que vinculado á xestión desta infraestrutura ían uns investimentos para o saneamento da zona rural que nunca se teñen desenvolvido, máis de 4,5 millóns de euros. Os custes do servizo están moi por riba dos custes reais de prestación destas infraestruturas e ademais estamos a pagar o 25% dunhas obras declaradas de interese xeral polo Estado.

 

 

 

O BNG de Narón e Ferrol esixen que Augas de Galiza xestione a depuradora